Unha guía para ampliar horizontes

Xunto co resto do meu equipo (formado por Fátima Souto, Carlos Rey, Iago Suárez e Natalia Saavedra) decidimos comezar un traballo de modalidade de proxecto. Despois de varios intentos fallidos de proposta, atopamos, á fin, un tema que nos pareceu de inxente interese. O noso propósito é facer unha guía das distintas saídas que hoxe en día ten a carreira que estamos cursando. Desde o meu punto de vista persoal, paréceme un traballo tremendamente enriquecedor xa que servirá para ampliar os horizontes en relación coa profesión. O xornalismo, unha profesión que de por si está en constante cambio, está lonxe de ser un oficio encasillado. Hoxe en día, o desenvolvemento da tecnoloxía e os novos soportes e o problema da sobreinformación plantexan novos retos. O papel do xornalista está evolucionando e queremos ilustrar na nosa guía esa evolución.

Durante esta semana estivemos contactando con xornalistas, que, estudiaran a carreira ou non, buscáronlle unha saída diferente. Así pois, outro dos obxectivos do noso proxecto é tratar o intrusismo crecente na profesión e afondar nas súas causas e consecuencias. De verdade segue compensando estudar esta carreira para ser xornalista? O noso obxectivo é coñecer a súa historia de vida, tratar en profundidade cómo chegaron ata onde están. Non nos interesa tanto o proxecto como as causas que levaron aos individuos a crealos. Por que a xente fuxe dos medios tradicionais? Cal é  o futuro que nos espera? E, en definitiva, que estamos facendo mal? Para iso, ao longo destes meses, temos pensado concertar entrevistas con xornalistas inmersos en distintos proxectos. Particularmente estou profundizando máis en dous proxectos, dos que me estou documentando en profundidade: a escola de oratoria Eloqüencia (a primeira de Galicia) e a productora de reportaxes Última Fila Reportajes. Nos post tamén queremos incluir bitácoras ou vídeos de xornalistas que nos relaten as súas propias historias. Este blogue, dunha xornalista venezolana que traballa en Estados Unidos, conta as súas dificultades exercendo a profesión.

 Imaxe

Marta Rodríguez Suárez 3. A02 

Advertisements

Posted on 11 Febreiro, 2014, in Posts individuais and tagged , . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. Nestes tempos que corren todos nos estamos cansos xa de recibir sempre as mesmas charlas sobre o noso futuro como xornalistas. Ben é certo que actualmente o xornalismo xa non se concibe como antes e que por suposto, como ben dis ti, a causa dos novos soportes e da evolución das tecnoloxías, cada día é mais complexo acceder ós medios ” de sempre”. A pesar disto, considero que cada un debe buscarse o seu futuro sen agardar que o traballo veña a eles. Pero, esta pequena reflexión a parte, creo que o voso traballo é un dos máis interesantes e enriquecedores que temos. A todos os presentes nos vai a interesar, de seguro, os seguintes post que vaiades publicando e agardo que vos sexa fácil coñecer o maior numero de casos posibles. Así cada un de nos poderemos ver, quizais, ó que nun futuro nos adiquemos.
    Rapa Casariego, Laura 143 D01

  2. Páreceme moi boa proposta a de analizar tamén o tema do “intrusismo” nesta profesión. A figura do xornalista estase a democratizar a causa duns cambios, que como ben dicides Laura e ti, son principalmente tecnolóxicos e sociais. Interesaríame ler unhas conclusións por parte dos entrevistados e vosas sobre se cómpre facer a carreira de Xornalismo para ser xornalista neste contexto. Ou ben os graduados en Xornalismo aceden perfectamente a postos relacionados coa comunicación ou recursos humanos, etc, non sería máis conveniente ter unha carreira sobre comunicación e ciencias sociais e que o xornalismo fose un campo a tratar nela?

    PICALLO DOCE, IRENE BCP.306

  3. Marta Rodríguez Suárez

    Moitas gracias polas aportacións ás dúas. A nosa intención é, como ben apuntaba Laura, que esta guía sexa útil para a nosa xeración de xornalistas, que, por outra banda, ten un camiño bastante difuso. Na medida das nosas posibilidades queremos poñer luz nese percorrido e mostrar itinerarios alternativos ós convencionais. Sobre o que dicía Irene acerca do intrusismo, decidimos tratalo ao atopar que moitas das persoas coas que queríamos falar, persoas que emprenderon proxectos xornalísiticos, non estudaron a nosa carreira. Por iso queremos falar do bo e do malo que aporta o intrusismo na profesión. Quizáis sexa hora de facer autocrítica, é tempo para a reflexión.
    Rodríguez Suárez, Marta 3.A02

  1. Pingback: Unha tarde no Colexio de Xornalistas | Común (e persoal)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: