RAQUEL PAIVA: Política de minorías

raquelpaiva

Din que galego e portugués é a mesma lingua. Eu digo que é parecida, e tiven que ler este texto na lingua veciña, na lingua irmá. O mesmo versa sobre os pequenos grupos anti ou contra-hexemónicos e os seus focos de acción a atitudes. Fala tamén sobre a violencia que chegan a exercer, do “terrorismo” (palabra tan maldita e desambiguada nestos tempos) e do papel preponderante que xoga a media –os medios de comunicación- no devir destos grupos non inxeridos dentro dos sistemas establecidos como normais. Expoño agora a miña mini-tese argumentada dende o punto de vista que creo debemos tomar, o da propia media.

Non nos damos conta mais algún día, algún de nós (agardemos polo menos os bos) será xornalista. Bonito non é saír da carreira e traballar para un medio que te teña traballando 10 horas diarias, 6 días á semana e cobrando 900 euros. Menos bonito é facelo para escribir o que un señor –dirixido por un puñado de xente que manda máis ou dirixido por un taco (ou un par) de billetes- manda.

A que ven todo isto? Non iamos a falar de política de minorías? Certo é, e creo que non me equivoco dicindo que a existencia destas e a súa relevancia no devir da sociedade pasa en grandísima parte pola aparición que teñan nos medios de comunicación. É isto precisamente o que pode levar a algunhas xentes a exercer a violencia, e é así porque A VIOLENCIA SI SAE NOS MEDIOS. Quen vai escoitar aos tolos de Resistencia Galega dando un discurso na televisión? En cambio se queiman uns contedores de seguro que son chamados polo morbo mediático.

A culpa de quen é? (“do PSOE e do PP!!”) A primeira culpa é a da sociedade e os seus intereses. Mais como a liberdade é innegociábel –ou así debería selo- para todo ser humano, debemos ser nós, OS XORNALISTAS, quen aportemos a nosa pedra xigante para dicir o que entra e o que non, para dar un tratamento xusto e plural ás noticias, sen venderse aos intereses económicos e sendo moral e ideoloxicamente independentes.

“Se non tedes sachos traguémolos nós, arados de ferro e kalashnikovs” dicía unha canción. Que non faga falla a súa utilización. Con cabeciña.

GÓMEZ SAL, LUCAS. BCP 203

Advertisements

Posted on 12 Febreiro, 2014, in Lecturas e filmes and tagged , , , . Bookmark the permalink. 5 Comentarios.

  1. Se vas tan só de filtro vas rematar como os de café, cheo de borras. Velaí foto de primeira plana de El Correo Gallego saudando a Garzón, e a pólvora da contraportada, penso que do exemplar (é unha boa maneira de chamalo) de onte ou hoxe. Xa trabuco con tanta interferencia.

  2. Chamar a atención dos medios mediante a violencia ou provocando altercados só consigue que se perda o fondo da mensaxe diluído en centos de cuestións banais. O feito de “que falen de nós, mal ou ben, pero que falen” non beneficia a ningún individuo ou grupo. Acontecementos coma a protesta contra Garzón ou a queima de contedores de Resistencia Galega non suman partidarios a ningunha causa, só reafirman aos contrarios e alonxan aos simpatizantes. Tan só son cebos para que a propaganda convenza a xente de non posicionarse vendéndolle que a posible alternativa á merda actual cheira peor. Ao fin e ao cabo, os medios de comunicación xa asentados non van morder a man que lles da de comer.

    Ramos Cernadas, Francisco Javier 143 C01

    • Non defendo a realización de calquera acto para ser visto pola sociedade xa que ás veces o único que fai é o que ti dis, empeorar a visión que a sociedade xeral ten de ti ou dunha opinión.
      En cambio cre que o problema primeiro ven dos medios e dos seus filtros -dos que falaba Marcelo-, segundo os cales hai quen non aparecerá nunca neles.
      Pregúntoche Javi,que deben facer entón estas minorías?

      Gómez Sal, Lucas. BCP 203

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: