Celta, Deportivo e sentimentos enfrontados.

Nesta sociedade téndese a xeneralizar o fútbol como un deporte maioritariamente masculino ou a tratalo como un tema baleiro. Un deporte de masas que só seguen borregos, pero que á hora da verdade move masas neste país e en certos casos, incluso unifica, chegando a ser mesmo obxecto propagandístico.

Tal e así, que queremos demostrar con este traballo que existe un sentimento, algo que vai máis alá da simple paixón polo balón e os goles. Sentimentos de unidade e amizade que se unen baixo o mesmo escudo, iso é todo o que queremos compartir e vamos a vivir.

Nun grupo composto por 5 rapaces, é curioso ser o único deportivista. Será, canto menos, curioso poder compartir un partido con peñas do meu eterno rival futbolístico, poder coñecer as súas tradicións e saber como se vive un partido no seu estadio, dende o lado local e non separado por una barreira tanto física como ideolóxica. Polo de pronto, xa nos acolleron cos brazos abertos ós seus festexos e iso é de apreciar, máis sei que as diferenzas cas peñas de A Coruña están aí. Quero comprobar como falan de nós e como se vive esa rivalidade, máis prometo disfrutar de cada momento que teña que pasar con calquera destes grupos, sexa do club que sexa e si algunha das reunión se descontrola demasiado pola euforia vivida, cantarme algunha canción branquiazul na casa rival.

Teremos que movernos, pero será un esforzo que merecerá a pena, tanto pola xente que coñeceremos como polo gusto que temos cara este deporte e espero poder saír de aquí aprendendo a compartir a paixón coa que moitas peñas se reúnen no campo ou fronte a un mesmo televisor para berrarlle ánimos ó Celta e o Depor como si os xogadores os fosen a escoitar, xa sexa desde Riazor ou Balaídos ou desde outras Comunidades Autónomas. A miña próxima parada, Chamberí Branquiazul, unha peña do Deportivo en Madrid, movemento que permite reunirse na capital a moita xente deste club, así como a bastantes galegos que quizais doutra forma, non se coñecerían. Unidade baixo a mesmo camiseta.

Imaxe

Forza Depor. 

Fernández Díaz Fabio 141 C02

Posted on 12 Febreiro, 2014, in Posts individuais and tagged , , . Bookmark the permalink. 9 Comentarios.

  1. Vai-lo ter difícil, neno. Non, está ben o espírito co que se brinda a recoñecerse no rival deportivo, no inimigo da casa como eu chamo aos do Dépor, que como equipo galego e parte de nós tamén… e que xoga na segunda división. Como verá hai moitas cosas comúns entrambas camisetas, nos seus ritos, nos seus símbolos, no seu xeito de ser, máis aló de localismos e trazos de clan. Sen embargo, ademáis de esa vontade por recoñecerse no Outro rival, non exime en profundizar sobre o propio, en saber e dar a saber o que é o propio de cada afeizón (como se viven los colores). E sobre todo desde a ironía que conleva tanto as situacións que van vivir na casa rival. Outro aspecto a ter en conta, quizabes, sería efectivamente dirimir entre o que é deportivismo e celtismo, e o que é aquelo que non é futból e é agregado como aditamento deportivo (medios, política, consumo,…) e como trascenden o ámbito deportivo até chegar as violencias. Por unha ves, e sen que sirva de precedente: Aupa Dépor¡

    • Entre deportivistas nos entendemos, aínda que sempre se difire en puntos. Como comentamos, polo momento a peña coa que máis estamos a traballar é do Celta e nos acolleron cos brazos abertos, non teñen problema en falar cun deportivista, obviamente, pois esto non é racismo, pero aínda así, por comentar algo máis vanal, recordo unha anecdota que me pasou fai un tempo no seu bar, que foi celebrar un gol do Deportivo nun partido calquera, non contra o Celta e que o dono de dita peña coa que hoxe traballamos se rira irónicamente de min, pero é algo co que non me pesa traballar, si todo fose así… que ben me iría todo.

  2. Las personas que dicen que el fútbol sólo es un deporte para borregos son las mismas que no ven un partido en su vida o las que se ponen delante del televisor para ver un partido cuando es la final de la Eurocopa o Mundial y están pintadas de arriba a abajo de rojo y amarillo. Ahí sí son los fans número uno porque es lo que se lleva.
    Respecto a la rivalidad Celta – Depor, sería magnífico para el fútbol de nuestra comunidad, que éste se viviese como se viven los derbis en el País Vasco donde ambas aficiones se van juntas de vinos etc antes de el partido, y es muy extraño que haya incidentes.
    Estaré especialmente interesada en vuestro proyecto ya que es un tema muy cercano para mí y que me atrae.

    Veiga Franco, María 143 C05

    • Gracias María, espero que lo que vayamos sacando, te vaya llamando la atención de igual manera. Lo que comentas es cierto, en otros países también se concibe el fútbol de manera diferente, incluso sin ir más lejos eleminando en cierto modo el graderío, provocando un mayor acercamiento entre público-jugadores, pero aquí en España eso está lejos de suceder, sea por el motivo que sea. El fútbol es algo demasiado antiguo como para saber dónde cambiamos nosotros su concepto. Rivalidades las tienen todos los equipos, unas sanas y otras no, desde luego la del Celta-Depor es dificil que cambie, pero se vió otros años, por ejemplo el año pasado, que en cierto modo, pueden estar hermanadas si lo requiere la situación, no pueden decir lo mismo los del Sporting haha.

      • En España hay pocos ejemplos de aficiones que se lleven bien entre ellas y que sean cercanas como la del Celta y la del Depor. De todas maneras es “triste” que sólo se hermanen cuando hay un suceso grave que afecta a la comunidad. Saludos.

        Veiga Franco, María 143 C05

  3. O bonito que se podería tratar o fútbol nos medios e na sociedade en xeral se nos deixásemos de chisqueirazos, insultos e demais caralladas para centrarnos no esencial: o deporte. As historias de superación persoal, as rivalidades ben entendidas, a paixón que move masas… Ao equipo dos teus amores quéreselle coma a familia e por de aí que os vínculos entre os membros dunha peña sexan tan fortes. Por certo Fabio, se non levas ben o de ver os partidos coas peñas celtistas, recorda que eles beben en copas de cristal.

    Ramos Cernadas, Francisco Javier 143 C01

    • Por desgracia son dos que opina que ver solo o deporte se perdeu fai tempo e non se vai a recuperar. Como alguén cita nos comentarios que xerou o meu post, actualmente é un mercado demasiado importante e masificado, un negocio, como para que alguén o consiga ver doutra maneira, incluso creo que dentro das propias peñas. Máis eso non inflúe á hora de pasar un rato agradable e facer amigos, que comparten un mesmo gusto, eso está claro.

      Seguro que levarei ben ver un partido en Balaídos, máis seguro que algunha risiña irónica se me escapa, aínda que nos estemos en segunda agora mesmo, todavía lles queda moito por aprender 😉

  4. Apostades por unha vertente moi arriscada neste complicado mundo do fútbol. Como ben dices Fabio, moita xente non comprende esa paixón enfermiza por ver cada fin de semana a unha morea de homes en pantalóns curtos, uns homes que corren detrás dunha pelota sen moito sentido aparentemente. No entanto, outro sector observa o balompé como unha oportunidade de negocio, debido á cantidade inxente de cartos que se moven nel. Agardo que co voso traballo, esas persoas que non entenden a grandeza e impacto do fútbol o poidan comprender. Que atopen esa xustificación que necesitan a esas estranas relacións que se crean entre iguais (do mesmo equipo) e mesmo o desprezo ou indiferencia cos clubes rivais. Todo comunica e no fútbol máis. Comprobarédelo pouco a pouco. Díaz Martínez, Diego 141 D02

    • Será a nosa intención, pero xa non polo resto e os que non o entenden, tamén por nós mesmos. Como citamos anteriormente eu e algún dos meus compañeiros, incluso para nos, que si seguimos este deporte, non sempre é posible vivilo dende dentro dun grupo, estamos seguros que as sensacións e os costumes son diferentes e mesmo dentro do mismo club, as diferencias entre fans son moi diferentes e diversas. Por poñer un exemplo, todos recordamos casos nos que fans de clubs son repudiados incluso polos seus semellantes, ben sexa por actos bandálicos, ideoloxías ou o que sexa. Non é o caso, pois traballaremos con peñas, pero intentaremos descubrir todas esas diferenzas e aproveitar as súas invitacións para pasar un rato agradable no campo e descubrir que tan fervente pode ser o seu sentimento.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: