O capitalismo dourado

O porque da selección desta noticia é evidente, trátase dun tema que afecta á poboación, non só galega, senón a todo individuo concienciado e preocupado polo medio ambiente. Contemos a historia. Érase unha vez unha empresa de nacionalidade canadense, chamada Edgewater, que pretendía construír unha minaría a ceo aberto nun dos territorios máis fermosos, como é a Galiza. Todo isto coa autorización e aprobación dos representantes do pobo galego, a Xunta. Un dos motivos nos que se refuxan é o aumento de postos de traballo, un tema que sensibiliza nestes momentos aos cidadáns. Porén, deberíase ter en conta os inconvenientes. Estamos a falar dunha das actividades que máis prexudican o ar que respiramos e o chan que pisamos. Un atentado contra o medio ambiente que non parece importar moito aos nosos dirixentes.

O principal problema que tivemos á hora de escoller está noticia, en decidir facer o seu seguimento, era o posicionamento. Probablemente nos xulgaredes de subxectivos por defender unha parte. Máis debemos explicar que ante todo trataremos este asunto dende o punto de vista do ecoloxismo. Unha problemática que adquire unha relevancia superior á desgastada política e economía –ben é certo que todo está vencellado-.

Imaxe

Salvemos Cabana

Os nosos primeiros pasos neste proxecto foron contactar coas dúas versións do conflito, a plataforma de veciños a favor da mina e en contra dela, obtendo resposta da segunta e aínda esperando expectantes a da primeira. Persoalmente tiven a oportunidade de falar con Ramón Varela, xornalista ambiental, pero máis importante aínda, vítima do problema como veciño do lugar. A conclusión, tras unha pequena charla co afectado foi que esta revolución medioambiental sufriu un brutal silencio informativo –incluso manipulación-, sempre con excepcións. Todo isto iremos argumentándoo ao longo dos días. Sobre todo o peculiar comportamento de La Voz de Galicia. Sen esquecer o noso obxectivo de tratar cos verdadeiros protagonistas, que non son os xornais, senón os habitantes de Corcoesto. Esperamos coñecer pois, a outra cara do ouro. Un ouro que sempre acaba movendo o globo.

 

PIZARRO GÓMEZ, SELENA 145 B02

Advertisements

Posted on 12 Febreiro, 2014, in Documentos and tagged , , . Bookmark the permalink. 6 Comentarios.

  1. Lembre as palabras do poeta, Sra, Pizarro: maldigo la poesía concebida como un lujo cultural por los neutrales que, lavándose las manos, se desentienden y evaden. Maldigo la poesía de quien no toma partido hasta mancharse. (Gabriel Celaya)
    Non hai ningún problema, non representa ningún problema para esta asignatura, abordar un tema desde unna posición. Ben fundamentada, claro está, xa que unha cousa é enunciar un propósito ideolóxico e deixar de facelo. Tratándose da mina, hai que mancharse. Apropiense do concepto gramsciano de “intelectual orgánico”, aquel periodista (neste caso) que está ao carón das clases desfavorecidas.
    A visión da materia sobre a Comunicación, mágoa que non estivera na aula o otro día, precisamente entra dentro dos parámetros da ecomunicación. Esto é da ecoloxía da comunicación, que ten que ver co contexto no que se desenvolve calquera acción de facer xuntos, de construir, o común. E o intersubxectivismo é un punto de vista ben valorado, neste contexto.
    Saúdos.

  2. La lucha que se está teniendo contra la mina de Corcoesto es muy grande. Se han organizado conciertos, manifestaciones, recogida de firmas (que yo mismo firmé) y otras muchas acciones en contra de esta medida. Bien es cierto que hay otro sector de la población que por motivos de trabajo si que la quiere. Pero desde mi punto de vista es perder de cara al futuro, porque por dos miserables sueldos que van a tener se van a quedar sin un patrimonio ambiental irreemplazable.
    García Chouciño, Alejandro 141 C05

  3. Ese es el problema Alejandro, les venden un puesto de trabajo que ahora mismo seduce a cualquiera, sin leer la letra pequeña de lo que trabajar en una mina acarrea -entre otros puede llegar a provocar cáncer-. Aquí te dejo un enlace de lo que ocurrió en el Monte Neme la semana pasada y que puede llegar a producirse en Corcoesto https://comunepersoal.wordpress.com/2014/02/12/o-capitalismo-dourado/#comments

    Pizarro Gómez, Selena 145 B02

  4. La verdad es que me parece interesante esta propuesta. Soy de una zona cercana y duele ver todo lo que se podría haber destruído con este proyecto. Además de que según tengo entendido se había extendido a otros pueblos colindantes, ya que por ejemplo en la aldea de Cereo se pretendía establecer el basurero de residuos tóxicos, algo que afecta a las cosechas de todo el vecindario. Es una bueno noticia que se haya dado macha atrás finalmente.

    Rodríguez Varela, Carla. BCP.307

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: