Os media somos nós!

A radio é un medio relativamente económico e cun gran público receptor. No entanto, presenta un notable inconvinte: a obtención dunha frecuencia radiofónica e a súa licencia de emisión; para poder chegar así á audiencia. Este feito non debe supoñer un hándicap no noso obxectivo comunicativo.

emedia.es

TI E EU SOMOS OS MEDIA. emedia.es

Todas as persoas sempre teñen algo que contar e dicir, de feito é unha necesidade en todo ser humano. Moitas veces, non interesan as nosas verbas e mesmo podemos chegar ao punto de que nos queiran silenciar. Porén o silencio é imposible. Por moitas pedras e dificultades que nos sitúen no camiño e por moitas canles que nos restrinxan, sempre existe unha maneira ou fórmula para que a nosa mensaxe chegue ao seu destinatario. O texto “¡Seamos los media!” así o reflicte con diversos exemplos acaecidos en países latinoamericanos.

Eu agora quero trasladarme á miña realidade, ao ámbito cercano. Pretendo mostrar as diversas alternativas das que dispoñemos, por se a alguén se lle ocurre a brillante idea de silenciarnos. A prohibición do emprego dunha canle a un comunicador non é máis que un tiro nun pé para o que ordeou esa medida. As opcións que manexamos son múltiples e multimedia.

Os amantes da palabra oral poden facer uso de radios libres e comunitarias mentres que na escrita se abre un abano de posibilidades aínda máis amplo. Un sinxelo folleto, un escueto tríptico ou un pequeno suplemento poden supoñer a base e o punto de partida dun gran imperio. De esta maneira se fundaron varios dos grandes grupos comunicativos españois: dende o máis primitivo e rudimentario foron crecendo paseniñamente ata convertirse en medios de referencia.

Así se pode explicar o impacto e crecemento de grandes conglomerados comunicativos na nosa comunidade coma o Grupo El Progreso. As diferentes xeracións da familia Cora viron como o seu patrimonio ía aumentando exponencialmente. O xornal El Progreso supuxo o xerme dun grupo que na actualidade aglutina a outros medios como o Diario de Pontevedra, a Axencia Galega de Noticias, De Luns a Venres ou Telelugo entre outros.

Se non nos convencen os medios tradicionais e apostamos sempre pola innovación, debemos aproveitar a potencialidade de Internet. A día de hoxe, atopámonos na denominada sociedade 3.0, unha sociedade da información e a comunicación. A rede de redes ofrécenos unha serie innumerable de posibilidades de expresión: páxinas Web, redes sociais, blogues… E todo a un simple golpe de rato e cuns costes económicos ínfimos.

Antes de pechar este pequeno artigo, quixera facer unha última reflexión. Os medios non naceron sós, apareceron polo esforzo de certas persoas con ansias de comunicar. As canles poden variar ou incluso desaparecer, como os que aventuran a morte do papel. O que nunca morrerá son os comunicadores. Nós somos os media!

Díaz Martínez, Diego 141 D02

Advertisements

Posted on 12 Febreiro, 2014, in Lecturas e filmes and tagged , . Bookmark the permalink. 5 Comentarios.

  1. Non ten en conta que para moitos destes medios desplazalos á rede supón realmente, e neses países (aquí tamén) mandalos a periferia do sistema comunicativo, cando deberan ser a base de todo sistema nacional de medios. Dar a voz desde a rede, desde internet soamente, signfica excluilos. As leis, como a ecuatoriana, a boliviana, a uruguaia, sobre medios comunitarios abren un espazo non marxinalizador dos medios comunitarios. Pero noutros lugares do mundo, na mayoría de lugares, a presión dos grandes medios e a anuencia dos gobiernos, fai que esta situación non poda ser posible. Hai distintas xeografias do problema.

  2. Cintia María París

    Me gusta mucho que se toque este tema. Personalmente, creo que Internet ha sido una salvación para el que esté dispuesto a comunicar de una manera libre e independiente. Puede que me aparte del tema pero, sin embargo, he de decir que muchas personas no quieren estar sometidas a una información controlada sino que, por el contrario, quieren ser informadas de la manera más transparente posible. Sí es cierto que el mundo digital también se controla, cómo no, pero por lo menos sirve como voz de muchas minoría o simples personas que quieren hacer llegar alguna información, conocimiento o idea a otras que, por casualidad o por una búsqueda específica, lo leen y no se quedan sólo lo que las editoriales quieren, deben, llámalo X, quieren contar. En definitiva, y como bien dices, los medios no nacen solos, todo está en nuestras manos y siempre existen alternativas que nos permiten expresarnos, ya sean escritas o audiovisuales.

    Pedrosa París, Cintia 142 A05

  3. Estoy de acuerdo contigo en algo fundamental, y es que los comunicadores nunca morirán y, por lo tanto, la información siempre estará ahí y será preciso la existencia de alguien para contarla. En cuanto al mundo 3.0 quería aportar mi particular visión sobre los hechos. A día de hoy, existen muchas sociedades en las que el mundo de internet ha penetrado en la mayoría de los hogares, pero viviendo donde vivimos, debemos conocer que la existencia del mundo de redes en las viviendas gallegas es bastante bajo comparado con el existente en otros lugares. Es por esto que, aunque concuerdo en todos los adelantos que la web 2.0 o 3.0 conlleva, creo que hay que tener particular cuidado a la hora de decidir que modelos deseamos instaurar en según que sitios, sobre todo cuando contamos con medios lo suficientemente válidos como para hacernos una idea de la realidad social de un lugar.
    Suárez Paz, Iago 143 A05

    • Penso que nos tempos que corren desplazar a certos medios á rede non é envialos á periferia senón ao contrario. Internet é unha canle en auxe e con moitísimas posibilidades, se ben é certo que podemos potenciar eses medios comunitarios. Como ben di Iago, existen certos riscos no mundo 2.0 e 3.0, e por iso considero fundamental unha correcta alfabetización dixital para distinguir entre os sitios seguros e fiábeis dos que non o son. Facendo un uso axeitado destas posibilidades teremos ante nós unha magnífica oportunidade de acceder a medios menos controlados que os tradicionais, como ben deslizaba Cintia.
      Díaz Martínez, Diego 141 D02

  1. Pingback: Memoria de posts 141D00 | Común (e persoal)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: