A música é comunicación

Pandeiretas

Igual que unha palabra, que un xesto, que un signo, a música é comunicación. É mensaxe transmitida a través dunha linguaxe común e universal propia de todas as culturas e de todas as épocas, mais que en cada recuncho do mundo nace e vive cunhas características propias. Da nosa gardamos os primeiros pasos no Medievo, momento de auxe que caería en picado coa chegada dos (primeiros) Séculos Escuros. Os anos do franquismo ben poderían ser considerados uns segundos. Non foron séculos, mais os corenta anos que durou a ditadura pesaron sobre a música e a cultura popular galega como un lastre, que incrementou o seu peso con fenómenos como a emigración ou a urbanización da sociedade galega.

Tras a caída da ditadura, e especialmente a partir dos anos 80, a música galega volveu renacer da man de numerosas agrupacións que tentaron pular por un dos elementos máis definitorios da nosa identidade: a música. Un obxectivo que comparte na actualidade A Central Folque, cuxo compromiso coa cultura do país é enorme.

Centrada no estudo, promoción e divulgación da música galega cun enfoque aberto, global e contemporáneo, a Central Folque consolidouse como un centro de referencia a nivel nacional e internacional. E a súa existencia é, hoxe, máis necesaria que nunca. Nun momento, no que a música popular galega está gravemente desatendida por parte das institucións, que adican esforzos e orzamentos a ámbitos menos necesarios e relevantes.

Nesta liña, o noso compromiso co tema é absoluto, debido á necesidade de fomentar a música popular, facéndoa chegar a persoas de diferentes franxas de idade a través de diversos proxectos e actividades como unha vía para mantela viva ao longo do tempo. Dada a situación, é preciso apoiar este tipo de iniciativas. O compromiso co grupo non é menos importante. Tampouco o compromiso coa materia en si, que ofrece unha visión nova e renovada do concepto de comunicación.

Coa Central Folque esperamos poder coñecer de primeira man as inquedanzas dunha organización que tenta manter viva a nosa cultura.

Pardo Abuín, Xoana 142. A03

Posted on 13 Febreiro, 2014, in Posts individuais and tagged , . Bookmark the permalink. 10 Comentarios.

  1. Titorizado 2A
    La verdad es que hasta que comenzamos con esta asignatura nunca había reparado en la cantidad de ámbitos a los que puede llegar la comunicación. La comunicación entendida, no solo como un medio para informar o transmitir una idea, sino que enfocada en el acto de participar y hacer partícipes a los demás también en algún tipo de proyecto.
    Vuestro trabajo me parece que está muy bien centrado en lo que la asignatura requiere. Comunicación a través de uno de los mejores medios como es la música, capaz de transmitir incluso emociones y por otro lado, las relaciones entre culturas.
    He visto que en aCentral Folque, además de promocionar la cultura de Galicia y su divulgación por la enseñanza, tienen proyectos con centros de Cuba, Portugal o Hungría lo que aumenta la relación y el contacto entre personas y culturas.
    Por el momento es un trabajo muy interesante.
    Delgado Méndez, Carla 141A05

    • Sen dúbida, a música é un dos mellores xeitos para se comunicar. Porén, no caso da Central Folque, a música é ademais o elemento aglutinador de todos os músicos. É a partir da música que xorde este proxecto. Deste xeito, a Central Folque nace para reivindicar a música e a danza tradicionais, mais deixando de lado os folclorismos típicos doutras épocas. Para isto, e como ti ben dis, tenden pontes cara culturas irmás coas que compartir experiencias e boa música.

      PARDO ABUÍN, XOANA 142.A03

  2. A música é comunicación, esa é unha gran verdade. Pero a música non só serve para comunicarse, a música tamén estabiliza. Moitos enfermos conseguen esa estabilidade mediante a música. A musicoterapia consegue promove-la comunicación, as relacións, a aprendizaxe, o movemento, a expresión dos sentimentos. A música é comunicación.
    O que se conta dun xenio coma Beethoven é que era bipolar. Este trastorno do estado anímico producíalle episodios con niveis anormais de enerxía e episodios alternantes de depresión. Se cadra a música tamén o estabilizaba. Se cadra era un xenio por iso.

    Mosquera Montoya, Antonio 142.E01

    • Moi de acordo co que dis. A música é empregada con frecuencia en numerosos proxectos e actividades con enfermos de diferentes tipos, desde nenos autistas a persoas con algún tipo de discapacidade. Isto débese a que a musicoterapia mellora a percepción e a motricidade e propicia un aumento da capacidade comunicativa e de expresión, favorecendo o desenvolvemento emocional das persoas. Alén disto,tamén concordo no de que a música é capaz de estabilizar os monstros interiores. Quizais, como ben dis, era o que lle acontecía a Beethoven.

  3. Está claro que la música tiene propiedades que hacen que, queramos o no, esté presente diariamente en la vida de muchos de nosotros: La música agudiza los sentimientos, y por ello se emplea como complemento en las piezas audiovisuales. La música nos da fuerza para prolongar un esfuerzo, en el caso de los deportistas. La música nos estabiliza y relaja. Por todo esto y mucho más, la música se emplea para numerosas actividades de nuestra vida diariamente, como ya dije, previamente.

    Crespo Navarro 141 C01

  1. Pingback: Analizando el trabajo en equipo: memorias posts 142.E00 | Común (e persoal)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: