Unha mina de ouro

Imaxe

Foto: Salvemos Cabana

A mina de Corcoesto. Ese é o tema elixido polo meu equipo (Selena Pizarro, Pablo Portela, Iago Sánchez, Óscar Ulla e mais servidora) para a realización do traballo. No tocante ás diferentes propostas, escollemos a do seguimento, posicionándonos en contra da mina. Mediante esta modalidade pretendemos observar como trataron este tema os distintos medios de prensa escrita, tanto nacionais coma galegos. ¿Por que decidimos escoller este tema? Pois pola polémica que suscitou e pola súa repercusión. E non é para menos. Todo isto xa ven de anos atrás, aínda que foi mediante o vídeo lanzado a través da plataforma www.change.org cando chegou a máis persoas e cando estoupou o escándalo (http://www.youtube.com/watch?v=pQvms6lmYec).

Unha filial do xigante canadiense Edgewater Exploration é quen, coa aprobación da Xunta, pretende extraer o ouro da zona, o que podería provocar unha auténtica catástrofe ambiental e humana. Por todo iso, decidimos centrarmos no ecoloxismo, sen deixar de lado a política e a economía, xa que todo vai da man.

Pretendemos -a parte de coñecer o tema en profundidade como é lóxico- determinar as repercusións da minería e coñecer e contactar cos distintos implicados.

Nos primeiros pasos da realización deste traballo puxémonos en contacto cas dúas caras da mesma moeda. Coa plataforma de veciños en contra da mina, e a favor da mesma -obtendo só resposta dos primeiros-. Queremos así coñecer os seus argumentos para posicionarse dunha banda ou doutra, e como se organizan entre eles.

Finalmente, foi a labor levada a cabo polo xornalista Ramón Varela grazas á cal se deu a coñecer o feito, xa que este sufriu un gran silencio informativo e mesmo manipulación, tal e como lle comentou á miña compañeira Selena. Por iso, tamén queremos determinar o porque de todo iso e dar a coñecer todo aquilo que se ocultou.

Rial Maneiro, Ana 143 B03

Advertisements

Posted on 13 Febreiro, 2014, in Posts individuais and tagged , . Bookmark the permalink. 7 Comentarios.

  1. É curioso. Os galegos temos unha das terras máis ricas do mundo pero non a valoramos. Comentábame a historiadora e arqueóloga Ana Romero cando lle preguntaba polo valor que lle damos os galegos aos xacementos arqueolóxicos: “Aí forma parte a formación cultural. Eu recordo unha vez no castro de Ancos, en Narón, no que estaban destrozando tódalas murallas. Cando falei co presidente da asociación de veciños, dicíame: “¿Como que murallas? ¿Onde están as murallas?”, e contesteille: “Claro, ¿que esperaba? ¿Quería ver unha muralla como a de Lugo?”. Entón, moitas veces é a ignorancia, pero unha ignorancia con boa intención”.
    Creo que non se pode definir mellor: a ignorancia con boa intención. Co medio ambiente pasa algo semellante. Escápasenos. Vémolo como algo afastado. Non sabemos. Non coñecemos.
    O que si sabemos é que a comunidade galega é remisa ao cambios. “Toda a vida tirei a pintura ao mar, non vou reciclar agora”. E isto pasa en tódolos ámbitos, ata na política.
    Por isto, a tarefa de concienciar a un pobo como o noso nun tema coma este é unha tarefa complexa pero necesaria. Creo que parte desta tarefa comunicativa tamén vos toca a vós. E a nós tamén.

    Mosquera Montoya, Antonio 142.E01

    • Non creo que os galegos non sepamos valorar o que temos. Ao contrario. É por iso mesmo polo que o pobo lle plantou cara á Xunta e á empresa mineira. O que pasa é que, por desgraza, moitas veces antepóñense uns intereses a outros e iso foi o que fixo a Xunta e a empresa mineira: antepuxeron os seus intereses económicos á ecoloxía e mesmo á saúde da xente, algo totalmente lamentable. Tamén é certo que recibiron apoio por parte dalgunhas persoas, xa que dicían que ía crear emprego, mellorar a economía e demais. Pero creo que o defendían sin ser realmente conscientes do que iso supoñía e das consecuencias que ía ter, porque a maioría desas persoas estaban desempregadas e nunha situación económica precaria, polo que viron na mina, por así decilo, unha especie de táboa de salvación á que agarrarse para non afogar. E non me parece raro, xa que xeralmente as persoas tendemos a pensar a curto prazo sen reflexionar nas repercusións que as nosas decisións poidan ter no futuro, e cando máis o tendemos a facer é cando estamos nunha mala situación. Finalmente, coincido contigo en que somos as novas xeracións as que temos a tarefa de tentar cambiar as cousas e concienciar á sociedade, para facer esta un chisco mellor.

      Rial Maneiro, Ana 143 B03

  2. María Melle Goyanes

    Tremendo o tema que ides tocar. É o exemplo de que a unión fai a forza, dende logo. A paralización da construcción da mina foi unha gran victoria, non só para os galegos, senón tamén para todos aqueles que, dun xeito ou doutro, terminarían por verse afectados (ao beber auga procedente dos nosos manantiais, que rematarían por quedar contaminados, por exemplo).
    Non coincido con Antonio no que di que os galegos temos unha das terras máis ricas do mundo e que non a valoramos xa que, precisamente neste caso, non é certo iso de que non se sabe o que se ten, ata que se perde. Sabiamos o que tiñamos perfectamente, e negámonos a permitir que chegase os-yankis-eses a arruinárnolo por un feixe de billetes.
    Interesante traballo, agardo ir coñecendo máis do voso progreso nos seguintes meses.

  3. Tremendo o tema que ides tocar. É o exemplo de que a unión fai a forza, dende logo. A paralización da construcción da mina foi unha gran victoria, non só para os galegos, senón tamén para todos aqueles que, dun xeito ou doutro, terminarían por verse afectados (ao beber auga procedente dos nosos manantiais, que rematarían por quedar contaminados, por exemplo).
    Non coincido con Antonio no que di que os galegos temos unha das terras máis ricas do mundo e que non a valoramos xa que, precisamente neste caso, non é certo iso de que non se sabe o que se ten, ata que se perde. Sabiamos o que tiñamos perfectamente, e negámonos a permitir que chegase os-yankis-eses a arruinárnolo por un feixe de billetes.
    Interesante traballo, agardo ir coñecendo máis do voso progreso nos seguintes meses.
    Melle Goyanes, María 142.A01

    • Coincido totalmente co que dis. A xente uniuse e plantoulle cara ao poder precisamente porque soubo valorar o que tiña. Se fose doutro xeito cruzaríanse de brazos e deixaríanlle á Xunta e mais á empresa facer o que lles dese a gana. Pero non. Loitaron e seguen loitando. Moitas grazas.

      Rial Maneiro, Ana 143 B03

  4. Me parece un trabajo interesantísimo y que vale la pena tratar, sin duda. Coincido plenamente con lo que dice mi compañera María, los gallegos en este caso sí sabemos lo que tenemos y por eso nos movilizamos en masa para lograr la paralización de la puesta en marcha de la mina. Además del tema ecologista, político, económico… podría ser incluso interesante para ver como las redes sociales y las nuevas formas de comunicación pueden ayudar a la población a manifestarse, movilizarse y cooperar para lograr ciertos objetivos. No olvidemos que la movilización ciudadana se puso en marcha a partir de la publicación del vídeo contra la mina en change.org… Os sigo chicos, estoy deseando ver que sacáis de aquí. Suerte!

    Gómez Basadre, Isabel 142.D01

    • Sen dúbida a plataforma http://www.change.org e o vídeo que lanzaron mediante ela fóron importantísimos á hora de dar a coñecer o que estaba sucedendo. Moita xente non sabía o que estaba a pasar ata que viron o vídeo e foi aí cando comezaron a buscar e interesarse polo tema. E as redes sociais xogaron un papel moi importante na súa difusión. Recordo que o día no que se lanzou o vídeo, cada vez que abría Facebook había máis persoas que o compartiran, e no Twitter o mesmo. Foi así como máis persoas firmaron a petición da paralización en change.org. Moitas grazas.

      Rial Maneiro, Ana 143 B03

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: