Fútbol, amizade e paixón

O fútbol non sería nada se non fose porque estimula os sentimentos das persoas e o sentimento que máis aflora con este deporte é o de amizade. Unha amizade que xorde grazas a un xogo que evoca sentimentos comúns, un xogo que fai sufrir e disfrutar aos aficionados dun equipo dun xeito moi similar, independentemente da idade ou da clase social. Nas bancadas e nos lugares onde os aficionados se reúnen para ver un partido do seu equipo todos se volven iguales e ao xirar a nosa mirada cara a persoa do lado sabemos que sente o mesmo ca nós e que remará sempre na nosa dirección.

Deste xeito nacen as peñas, que non son nin máis nin menos que xente dun mesmo lugar que se reúnen tódolos fins de semana para animar ao seu equipo. O seu punto de encontro e sede adoita ser un bar e a súa meca o estadio do seu equipo.

Neste traballo intentaremos coñecer profundamente como se vive o fútbol dentro de peñas de RC Deportivo da Coruña e RC Celta de Vigo, coñecer as rivalidades, os sentimentos comúns e chegar a entender cal é o motivo de que este deporte mova a tanta xente.

Como impresión persoal atopo o maior interés deste traballo en lograr a empatía daqueles a quenes non lles gusta este deporte, é dicir, lograr que se comprenda  por que tanta xente pode pasar do llanto a ledicia en minutos vendo a vintedúas persoas xogando cun balón. Lograr que todo o mundo vexa as razóns dun sentimento que non se pode explicar, lograr que ninguén pense que estamos tolos se realmente non o estamos.

DAL076DE002235703.jpg

Fernández Ferro, Adrián 141 C03

Advertisements

Posted on 14 Febreiro, 2014, in Posts individuais. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: