COFFEE AND CIGARRETTES: Encontros non tan rutinarios

“Coffee and cigarrettes” (Jim Jarmusch, 2003), trátase dun filme que contén varias historias curtas nas que, sempre cun café e un cigarrillo polo medio, distintas persoas teñen diferentes conversas. Como a vida mesma.

Coffee and Cigarettes

Vivimos ás présas, traballamos ás présas e inclusive ás veces tomamos o café ás présas; mais é ás veces que un se para durante uns minutos e saborea a feitura dun café ou o respirar do tabaco cando te das conta de que non todo é correr, e que hai conversas que merecen ben a pena. Máis que dous vicios ou dous hábitos eu denominaríaos coma dous tipos de relación social.

Cando quedas para tomar un café con alguén, sabes que é para falar máis aló do bo/malo que este está –exclúanse de aquí os “cafés de oficina” e a súa variante “cafés de facultade”-. Cando os fumadores saen fumar eles dirán, mais eu creo que é tamén algo máis ca o meterse nicotina con aditivo no corpo: meterse comunicación (falada ou non) na vida.

Amósase nas historias unha realidade silenciosa, case mística, onde os persoaxes apenas se comunican oralmente mais que transmiten seus sentires e emocións desbotando a súa realidade interna de xeito miserable. A comunicación nalgunhas historias parece como desconfiada, allea, e inclusive ás veces as personaxes se amosan escépticas ante elementos intrusivos na súa cotidianidade. O café, os pitillos, son case un xeito de canle comunicativa, o xeito de bebelo, o xeito de fumalo… (comprobádeo se queredes aquí)

http://www.youtube.com/watch?v=eEv18HZYBaQ

MAIS COIDADO, o café en exceso non é bo, e fumar din que mata. E diredesme: “de algo hai que morrer!”

E teredes razón.

GÓMEZ SAL, LUCAS. BCP 203

Advertisements

Posted on 16 Febreiro, 2014, in Lecturas e filmes and tagged , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Nunca tivemos tantas facilidades para comunicarnos como agora (wasap,
    facebook, móbil,…). Porén, parece que nunca estivemos tan
    incomunicados. Os aparellos de comunicación volven frías e mecánicas
    as conversas. Así que calquera excusa (café ou cigarrillo) é boa
    para retomar os xestos, a pasión, a frescura, a intriga e a realidade
    dunha boa conversa.
    É certo, tanto café ou tabaco son malos, pero se se volven necesarios
    para retomar a comunicación cara a cara, benvidos sexan.

    MACÍAS TARRÍO, ROSALIA 142.D04

    • Ben certo. Parece que estamos nun momento no que as comunicacións tornan e fanse menos directas. As palabras de verdade cambian por catro letras mal escritas, e os sorrisos ou miradas cambian por emoticonos. Dende o meu punto de vista son positivos estos avances tecnolóxicos, mais como dicía un coñecido meu “a cada morto a súa lousa, e a cada tempo a súa cousa” (e estar desperdiciando da compañía cun café ou dun cigarrillo mirando o móbil…non é marcar ben os tempos).

      Gómez Sal, Lucas. BCP 203

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: