Compromisos

Non creo que exista un intre no que me sinta máis galega que cando escoito a música da miña terra. Cando o son das gaitas e os tambores rebumbian nos meus oídos e, case xuraría, no meu corazón. Supoño que non só me acontece a min. Porén, e a pesar deste sentimento, enfrontámonos cada día á retirada silenciosa da nosa  música tradicional. Da nosa identidade.

Eu non quero esquecela. Nin agora, nin nunca. Non quero perder esa sensación, tan bonita, de escoitar falar ao meu fogar. Nin desexo que sexan outros os que a perdan. Por iso o meu grupo e mais eu escollimos aCentral Folque, organización centrada no estudo, transmisión e difusión da nosa música popular.

¿A verdade? Quizais non se trate só diso. ACentral Folque non é unicamente un proxecto ideado para que un par de notas continúen soando no aire. É un plan, trazado co propósito de manter viva unha parte de Galicia. Unha parte de todos nós.

Pero eu non son a protagonista desta historia. Os protagonistas son eles, os músicos. Os que din o que as palabras, por si soas, non poden. Os que susurran o noso pasado e envolven o noso presente.

folque

O que espero deste traballo é coñecelos. Pero coñecelos de verdade, cos seus intereses, cicatrices e paixóns. Quero descubrir a chama que brilla en cada un, a que os impulsa e acende os seus soños. As súas crenzas, opinións e certezas, si, pero tamén os seus prexuízos, recursos e perspectivas. Desexo, en resumo, comprender cada individuo crucial da organización, con respecto á súa labor e a comunidade da que forma parte.

Como futura xornalista, o meu compromiso é coa verdade. Como galega, as miñas conviccións son firmes. É necesario que todos, comezando polos propios galegos, valoren a música que é súa, da súa terra; e que esta non se perda, senón que se transmita con forza para demostrar que estamos orgullosos de ser quen somos.

PARDO CREGO, ALICIA 142.A04

Advertisements

Posted on 17 Febreiro, 2014, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 6 Comentarios.

  1. Vibrante posicionamento encol dun elemento esencial da cultura galega. Ainda que, falando das afectividades -trazos igualmente relevantes no estudo do común e da comunidade-, sería importante suliñar ese camiño á verdade “non absoluta” ao traverso da amistade, no sentido que John Dewey falaba. A amistade ven sendo esa relación que permite distinguir a existencia duna comunicación en lealdade co interlocutor. Mellor grupo para realizar esta exploración non o ten.

    • El camino que vamos a seguir para lograr los compromisos expuestos es el de la conversación. Hablar, preguntar y descubrir, para finalmente, como dices, acabar en la amistad. Algo que aúne la comunicación con la cooperación y nos permita conocer realmente a las personas.

      PARDO CREGO, ALICIA 142.A04

  2. Nótaseche que che gusta moito o tema e que o pillas con gran ilusión, e a verdade é que non che falta razón. A nosa música é a nosa identidade como ben ti mencionas. Lendo o teu post fixéchesme lembrar unha anécdota que me contou no Nadal un amigo meu galego que estuda en Segovia publicidade. Mandáronlle ser orixinal nunha exposición e que fixese reflexionar sobre a cultura de alí, entón a el ocurreuselle xunto con outra compañeira tamén galega, tocar unha peza en directo coas súas gaitas galegas acompañados coas imáxenes da exposición. Comentoume que quedaron todos abraiados, e el que estrañaba tocar, que cando estaba en Galicia ía continuamente a sitios a tocar xunto co seu grupo.
    Realmente, a música da nosa terra sempre estará presente aínda que teñamos que marchar dela.

    Baldomir Puga,Noelia 141 A01

    • Hai que levarse a música con un, pero tamén cuidala na propia terra. Para difundila é preciso conservala e disfrutala na súa propia orixe: Galicia.

      PARDO CREGO, ALICIA 142.A04

  3. Creo que é o tema máis apaixoante que vin ata agora neste blogue. Como gaiteira e bailarina nun grupo de folclore galego síntome totalmente identificada co teu traballo.
    Non sei se vas tocar o tema de se hai axudas por parte de institucións (concellos, Xunta…), xa que é certo que agora hai bastantes máis problemas e pegas á hora de financiar este tipo de grupos. Eu estou vivindo esta pouca axuda nas miñas carnes, e gustaríame que co teu traballo me quedase todo máis claro.
    Tamén me parecería moi interesante que observárades que tipo de persoas sinten atracción por este tipo de baile e música e por qué o resto da xente non ten nin o máis mínimo interese.
    Agardo con ilusión a continuación da vosa andaina.

    CARREIRA SALGUEIROS, CLARA 141.D01

    • A verdade é que non imos tocar o tema das institucións, polo menos en profundidade. Ímonos centrar nos músicos, nas persoas en si. Por suposto, incluiremos as súas demandas e expectativas, pero non tocaremos o tema das subvencións ou a política. Non é o enfoque que queremos darlle ao traballo.

      PARDO CREGO, ALICIA 142.A04

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: