Porque non ten nada de malo loitar cando eres digno do que reclamas
Situámonos en Arxentina, concretamente nos comezos do 2000. Fame, miseria, desconfianza cara os representantes políticos e un longo etcétera, é o que caracteriza a situación social da época. O pobo únese, sae á rúa e esixe cambios. Saben o que queren, pero non como conseguilo. Isto é o que trata La dignidad de los nadies (2005), un documental de Pino Solanas. No filme podemos ver distintas persoas loitando contra vento e marea. Manifestándose polos seus aforros, por unha sanidade decente, por ter un pedazo de pan que levar á boca cada día. E non loitan por algo do que non sexan merecedores, do que non sexan dignos. Desde ”El toba” ata Lucy e as súas compañeiras, pasando por Gustavo, Carola, Darío Santillán e outros moitos. Persoas que co apoio doutras, organizáronse e botaron a andar proxectos para axudar aos seus: comedores socias, voluntariado, doazóns de medicamentos,…
A simple vista podemos pensar que todo o visionado no filme non ten nada que ver co caso dos veciños de Corcoesto. Son temas distintos, posto que o primeiro caso trata sobre a difícil situación vivida polos arxentinos nos albores do 2000 e o segundo sobre a loita non só dun pobo, senón de toda unha comunidade contra a megaminaría. É aquí cando un se plantexa, entón ¿en que se asemellan? Pois nas persoas e como se organizan e comunican entre elas. En ambos casos vemos persoas loitando polo que é seu e plantándolle cara ao poder. Mentres que na primeira situación as persoas se organizan e manifestan contra o goberno daquel momento e diversas empresas (como, por exemplo, os bancos por non devolverlle os aforros aos clientes), na segunda situación atopámonos cuns veciños que loitan contra o poder da Xunta e dunha empresa canadiense que pretenden extraer o ouro da zona a cambio de traer a desgraza para os seus veciños. O título do primeiro ben se lle podería aplicar ao segundo: a dignidade dos veciños de Corcoesto, ou como diría o poder, os ”nadies”.
Rial Maneiro, Ana 143 B03
Posted on 17 Febreiro, 2014, in Lecturas e filmes and tagged 143 B03, Rial Maneiro. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0