Unha tarde no Colexio de Xornalistas

Como xa introduciron os meus compañeiros de grupo nos seus respectivos posts (Marta e Carlos), o noso proxecto trata de establecer unha guía coas posibles saídas á nosa carreira.

A semana pasada xa comezamos esta andanza, e o mércores  12 reunímonos coa xornalista Belén Regueira no Colexio de Xornalistas de Galicia aquí en Santiago. Recibiunos a min e a miña compañeira Fátima moi amablemente e procedimos a contarlle de que trataba o noso traballo. A súa primeira impresión foi que sería moi útil establecer a saídas a través de propios profesionais que están en contacto directo co mundo laboral.

DSC_1038

En primeiro lugar fixo unha pequena introdución sobre a súa vida laboral, o seu primeiro emprego na TVG, as circunstancias que a guiaron na súa profesión, a súa etapa como reporteira, como redactora e presentadora, etc.; sempre caracterizadas por condicións laborais mellores que as dos medios privados. Preguntámoslle como era o perfil dos estudantes na época na que ela estudou xornalismo e como se contrapón ó pensamento actual dos estudantes da carreira, e falounos dalgo que lle chamaba a atención: había un pequeno grupo de estudantes que querían ser escritores e gañar Pulitzers.

Resalta tamén a diferenza que caracteriza o xornalismo fronte a outras carreiras, e é que moita xente pode exercer e exerce de xornalista sen ter a carreira “O que che da dereito a facer un traballo e que facer ben ese traballo”, afirma, aínda que defende ferventemente o grao e a renovación do plan de estudos. Pero tamén menciona que a nosa febleza pode ser a nosa forza á hora de adaptarnos ás novas rutinas, tecnoloxías, etc. Pensa que nas mans da nosa xeración está crear estas novas estratexias que poden levantar os modelos de negocio.

“Cada xeración enfróntase a uns elementos determinados, e as solucións duns son diferentes ás dos outros. Podes aprender dos outros pero relativamente. Estanse viñendo abaixo moitas cousas que nunca crimos que caerían”.

Xa dende o principio nos comentou que a súa carreira como xornalista era bastante típica, no sentido de que sempre traballou en medios tradicionais e non se adentrou en proxectos anovadores. Para coñecer outros proxectos anovadores teredes que esperar ás vindeiras semanas.

Saavedra Nieto, Natalia: 143 A03

Advertisements

Posted on 17 Febreiro, 2014, in Posts individuais and tagged , . Bookmark the permalink. 5 Comentarios.

  1. Logo de ler o seu post, dime Belén, alumna exemplar, boa profesional, que o dos Pulitzer foi unha pura anécdota. Eu creo que non, sinceiramente. Era unha xeración con muito pulo a súa, e senon gañaron o Pulitzar, os Púlitzer os perderon para a súa galería de xornalistas de lei. Todos tíñamos folgos, daquela. E máis, elas. O de non ter a carreira, desde o punto de vista do Colexio, pois creo que non é un dos criterios comúns da institución. Por iso é un contraste ben tirado. Conversando, conversando,…

  2. Me parece un trabajo muy interesante, pero sobre todo útil. Tengo ganas de ver cuales podrán ser estas posibles nuevas salidas para los estudiantes de periodismo. Aun que esta periodista en particular me parece tal vez demasiado clásica y tradicional para el tema que tratáis, ya que el campo en que ella trabaja parece tener una fecha de caducidad muy próxima. ¡Espero que podáis sacar algo en claro de esta entrevista!
    Vázquez Pérez, Claudia 143 D03

  3. Muchas gracias por los ánimos Claudia. Sí, como comienzo decidimos empezar por lo que sería lo típico, y ahora, poco a poco, estamos avanzando y conociendo proyectos mucho más innovadores. Lo iremos contando en las próximas entradas, por supuesto.

    Saavedra Nieto, Natalia: 143 A03

  1. Pingback: Ser nuestros propios jefes | titorizadoprot6c

  2. Pingback: Ser nuestros propios jefes | Común (e persoal)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: