A música tócase co corazón

A decisión de elixir unha asociación relacionada coa música non foi para min unha simple aproximación co tema. Dende sempre teño a idea de que a música é fundamental na vida das persoas, non só porque poida resultar agradábel senón porque, ao mesmo tempo, é un medio de comunicación esencial e que todo o mundo entende.

Así mesmo, considero que a industria musical cada día é máis detestable, se é que algún día deixou de selo. Por iso, aCentral Folque paréceme unha vía de estudo magnífica, non só porque se trate dunha organización musical, senón que trátase de música galega. Eu, persoalmente, non son unha entendida da música galega e isto mesmo foi o que me fixo pensar: eu, sendo galega, sentíndome galega en calquera parte do mundo, ¿por que non coñecer máis a música que representa a Galiza?

Esta oportunidade que me ofrece a sinatura de investigar e poñerme en contacto coa música popular galega non a quero desaproveitar.

A cultura é  fundamental no mundo actual que pisamos e todo o que sexa fomentala e distribuíla entre a sociedade paréceme magnifico e un acto digno de destacar.

Alargarme moito máis sería caer na repetición, cousa que detesto.

Pedrosa París, Cintia 142 A05

Advertisements

Posted on 19 Febreiro, 2014, in Posts individuais and tagged , . Bookmark the permalink. 10 Comentarios.

  1. Paréceme estupendo que escollésedes unha asociación adicada á promoción da música feita en Galicia. É moi importante conservar o noso patrimonio cultural e a música é un dos maiores tesouros que temos na nosa terra.

    Por outra parte, teño moita curiosidade polos patróns que ides seguir para o voso traballo. É unha boa oportunidade tanto para coñecer o xeito de comunicarse entre os membros da Central Folque como mesmo para coñecer máis un aspecto fundamental e, por qué non dicilo, precioso da nosa cultura.

    Sorte co voso seguimento e parabéns por unha proposta moi peculiar e que pode chegar a ser entrañable.

    MONTERO CASTRO, PABLO 142 B02

    • Moitas grazas! Intentaremos coñecer esta organización adentrándonos na súa dinámica como, por exemplo, nas escolas de música ou nas oficinas da Central Folque.

      Pedrosa París, Cintia 142 A05

  2. Realmente é un tema interesante e que se diferencia bastante dos que tratamos o resto dos grupos.
    Gustaríame saber se no voso proxecto vos ides centrar máis na asociación ou ides estudar a música como comunicación.

  3. Estoy totalmente de acuerdo. Yo sinceramente, tampoco estoy muy al tanto del panorama musical gallego, pero está claro que en Galicia tenemos un sentimiento propio, que se transmite a través del arte, y que me llega de una manera especial.
    Barbosa Tarrío, Carlota 141.A02

    • Gústame a vosa idea. Paréceme un tema distinto, interesante e que non está suficientemente estudado. O potencial da música como elemento comunicador é infinito e apréciase na importancia que moitos expertos lle dan. Dende elemento estimulador nos neonatos ou en persoas con diferentes problemas motores ata os comportamentos que xera a música no reino animal. Creo que é axeitado limitar o tema ao panorama galego para non perderse, obtendo ademáis así unha aproximación distinta a un mundo tan coñecido por todos e tan pouco explotado neste senso. Adiante compañeira. Díaz Martínez, Diego 141 D02

  4. Paréceme un tema moi interesante. Moitas persoas soen pensar que a música galega non ten a importancia que pode ter, por exemplo, o pop. Incluso chegan a pensar que é música para vellos ou ”aldeáns”. Por iso creo que é moi importante que se leve a cabo unha labor de achegar a nosa música aos máis novos e que vexan que é bonita, que nada lle ten que envexar a outros xéneros.

    Rial Maneiro, Ana 143 B03

  5. Enhorabuena por el tema. Ya se sabe, la música amansa a las fieras, y en una sociedad donde la gente parece vivir continuamente enfadada y estresada no se me ocurre mejor manera de acabar con la tensión que nos rodea. Además la cultura es lo único que no se agota con el tiempo, si no que va aumentando y de lo poco que nos podemos sentir orgullosos, los llamados “civilizados”.

    Añón Gándara, Amara. 1.B02

  6. Comparto totalmente o teu interese pola música propia da nosa terra e creo que este proxecto e o traballo con esta asociación vai ser moi enriquecedor tanto para ti como para as túas compañeiras. Como dis ti a cultura é fundamental para o mundo no que vivimos e calquera cousa que sirva para fomentala adiante con ela. E aínda moito mellor se o que favorece é a música tradicional galega.

    Lamas Lamas, Estefanía 142.D03

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: