La Voz de la Mina

Tomo prestado o nome deste blog (La Voz de la Mina) para continuar analizando o tratamento do xornal La Voz de Galicia con respecto da Mina de Corcoesto.

Este xornal postulouse do lado dos partidarios da mina e móstrano nas súas páxinas redactando noticias, relacionadas cos grupos contrarios á mina, como se foran notas de prensa, mentres que podemos observar como as novas que aportan datos favorables sobre a explotación mineira, son desarrolladas con normalidade. Podemos ver, por exemplo, como o Colegio Oficial de Geólogos e os seus eloxios á mina chegan a ocupar o plano principal dalgunhas noticias, mentres que asociacións ecoloxistas, como Verdegaia, ven disminuido o seu protagonismo a un mero nomeamento no final dunha noticia.

Imagen

E se eses exemplos non serviran, sempre podemos recrearnos cas palabras do Presidente da Confederación de Autónomos e Profesionales de España, Eliseo Calviño, neste xornal (Sempre en Galicia). Neste artigo, Eliseo, fala dos detractores do proxecto mineiro de Corcoesto como “los cuatro de siempre” que “viven del cuento y de embaucar a los de mente débil”. Fala de queixas absurdas sobre danos procedentes da explotación, alegando que son os mesmos que o do resto de explotacións mineiras do mundo e, incluso, fala de que estes danos medioambientais vénse recompensados polos postos de traballo que derivan da mina.

Neste xornal podemos observar como os termos “gran riqueza”, “beneficios” ou “numerosos puestos de trabajo” antepóñense a outros tales como “danos medioambientais” ou “desastre ecolóxico”. Para as asociacións ecolóxicas ou para as plataformas detractoras da mina, este proxecto significaría un dano irreparable para o ecosistema de Cabana de Bergantiños, mentres os partidarios do proxecto, como Eliseo, escriben que o dano irreparable sería “entorpecer centenares de puestos de trabajo”.

La Voz de Galicia postúlase como partidaria do proxecto megamineiro de Corcoesto, e a nós tócanos seguir a indagar se esta é unha postura acertada ou non.

Ulla Villanueva, Oscar 143 B05

Advertisements

Posted on 19 Febreiro, 2014, in Posts individuais and tagged , . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. Quizás para chegar ó meollo da cuestión deberíades saber si os xornalistas que escribiron esas noticias, non se viron influídos pola presión do medio ou de algún ente aínda superior, o de sempre. Como di o comentario anterior, moitas veces a prensa non é libre. Vai ser compricado sabelo, pero por exemplo neste caso concreto, existíu no seu momento unha recolecta de firmas para parar o proxecto, que, de terse en conta como se debería por lei, impediría polo menos a corto prazo esta mina, dándo algo máis de marxe á sensatez e aos grupos antimina.

    Fernández Díaz 141 C02

  2. E bon ver que hai compañeiros e compañeiras que van acomodando na trama do intercambio diñeiro-propaganda deste país. Soamente felicitarlles pola contrastación de variables que van atopando no seu traballo. Unha ofensiva de guerrilla contra-informativa viría por difundir similares exemplos de discursos das multinacionais (mesmo de Edgewater) noutros países pobres ou da periferia (coma o noso), ao carón destes que vostedes ofrecen. Vai dous anos fixemos un documental sobre o conflicto mineiro na amazonía peruana (Apash, os de fóra), e o que está a falar o Thompson cáseque son as mesmas palabras, as mesmas actitudes, e os mesmos xeitos de difusión, os mesmos compañeiros de viaxe (xornalistas e gobernos ben pagos).

  3. Sería interesante saber ata que punto a mina é rentable ou non tendo en conta todos os seus pros e contra. En canto á postura do xornal La Voz de Galicia, de boas a primeiras, ¿credes que a simple creación de postos de traballo se pode comparar co dano medioambiental que vai causar?
    Hernández Varela, Paula 142.D02

  4. “Non mordas a man que che dá de comer”, “Non cuspas no plato no que vas comer”… Por frases feitas non será. Está claro que en tempos de fame, hai que arrimarse a onde máis fácil sexa conseguir comida. Así pois, a Xunta e La Voz de Galicia viven en simbiose: a segunda lexitima á primeira e esta encárgase de dotar o medio dos cartos necesarios para que siga vivo e sirva de parapeto ante as críticas e de voceira do réxime. Viva a prensa libre! 🙂

    Ramos Cernadas, Francisco Javier 143 C01

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: