Tinta Roja, moita xente e poucas persoas

Ímonos transportar a Perú, 2001, un rapaciño recén saído da facultade de xornalismo e que soña con converterse nun gran escritor, entra a facer prácticas no sensacionalista xornal El Clamor. O que comezara como un soño, transfórmase nun pesadelo e, baixo a tutela de Saúl Faúndez, o bo de Varguitas, como lle chama Faúndez, rematará por converterse nun xornalista sen máis principio nin ideal que o de redactar a noticia que sexa portada.

Esquécete da pirámide invertida, redacta un bo conto; no precisas fontes fiables, faite cun colega policía que cho sople todo; nada de escrúpulos, o teu deber non vai máis alá de redactar antes da hora de peche a mellor historia posible e, por suposto, prerárate para a glamurosa vida do xornalista: drogas, sexo & rock ‘n roll (ben… pode que non sexa exactamente rock ‘n roll, pero enténdese a mensaxe).

Mestura todo isto e tés o argumento de “Tinta Roja”.

Sin título

Xa que o meu grupo traballa cunha corporación musical de música tradicional, vou empezar falando da banda sonora do filme. A historia comeza cunha música moi característica da zona, cuns sons moi latinos que estarán presentes durante toda a cinta para recordarnos en todo momento en onde se ambienta a historia. Atopei moi interesante o emprego da música típica da zona recordarnos en onde se desenvolven os acontecementos.

A película pareceume entretida, si, pero quero crer que mostra visión moi esperpéntica do oficio. ¡Non pode ser que todo ao que se poida aspirar ao saír da facultade sexa isto! Evidentemente, haberá malos profesionales, como os hai en tódolos traballos, pero négome a crer que todo co que me vou atopar sexa xente sen escrúpulos, ávida por atopar a historia máis morbosa e chamativa coa que atraer ao lector (e, por certo, ¿ata que punto é culpa do xornalista, se o que compra a historia é o lector?). Négome a crer que no mundo do xornalismo haxa tanta xente e tan poucas persoas.

Como xa comentei no post doutra compañeira, se ser xornalista significa iso, se significa perderse a si mesmo, obviar o respeto aos demais, esquecerse de ser humano, entón supoño que non quero ser xornalista.

MELLE GOYANES, MARÍA 142.A01

Advertisements

Posted on 19 Febreiro, 2014, in Lecturas e filmes and tagged , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Con respecto a lo que planteas, de lo de que la culpa sea del periodista o del lector, creo que es compartida. Evidentemente, un periódico busca beneficios y a la audiencia siempre le ha atraído el pan y el circo. Si le damos circo, obtendremos beneficio y los periodistas necesitamos pan para poder vivir. Existen malas prácticas, pero también buenas y es por ello que yo también me niego a creer que haya tanta gente y tan pocas personas en la profesión.

    Búa del Río, Silvia BCP.101

    • Coincido co que dis, Silvia. Ao que me refería era a que, se tomamos como reflexo dos casos xerais o exemplo da película, na que o protagonista se malogra terriblemente para conseguir converterse nun profesional “destacado”, entón o xornalismo da noxo.
      Pero eu non estou dicindo que sexa así; é máis, négome a crer semellante cousa.

      Melle Goyanes, María 142.A01

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: