Algúns homes honrados
Como primeiro post grupal queremos resumir as nosas vivencias en torno ao análise da cobertura mediática que tivo este suceso.
Cabe destacar que a mellor cobertura do suceso tivéronno os medios galegos, tales como Sermos Galiza, La Voz de Galicia e Praza Pública. Aínda que tamén salienta o tratamento deste asunto por xornais de tirada nacional como El País e El Mundo.
Xa analizamos o papel no que se posicionou La Voz de Galicia noutros posts individuais. Asi que neste trataremos doutros xornais máis ben a nivel nacional.
Primeiro destacar o papel que tivo El País, que foron dos primeiros en denunciar a catástrofe medioambiental que derivaría deste proxecto megamineiro. Tivemos a sorte de falar cun xornalista deste medio, Ramón Varela, que nos está a asesorar sobre o tema.
No caso de El Mundo, non afondan demasiado no tema, pero sorprendentemente amosan unha cobertura asimétrica dándolle máis voz ás vítimas (a través das plataformas como Salvemos Cabana) que aos poderosos (Xunta de Galicia e Edgewater). A diferencia doutros xornais de corte estatal amosan preocupación por informarse, é dicir por contrastar a súa información.
Isto último pode parecer curioso ou raro, pero é necesario citalo cando nos movemos por outros xornais como ABC e La Razón. É bastante curioso ver como nestes xornais se cometen erros bastante preocupantes que mostran o pouco interese polo tema. Como exemplo pódenos servir os erros ao citar a Plataforma Salvemos Cabana, este tipo de erros sérvenos como exemplo do pouco contraste, debido ao pouco interese no tema, nestes xornais.
Outros xornais como pode ser Público fixéronse eco do posible desastre medioambiental en Galicia e tomaron como partícipes aos afectados, ademáis de facerse eco das protestas.
Así pois, vemos como as estructuras de poder e dominación reflíctense de xeito diferente no discurso de cada xornal, isto vén dado fundamentalmente pola liña ideolóxica de cada medio e tamén polo grao de submisión aos determinados poderes implicados no suceso. Podemos observar, que ningún medio preocupouse por actuar como escenario público do conflito, é dicir, houbo medios que lle deron voz a un bando e outros que lle deron voz ao outro, pero ningún presentou a loita de intereses dun xeito imparcial, tal como o faría o espectador dun combate de boxeo. A opinión dos veciños de toda unha comarca viuse monopolizada por unha ou dúas paltaformas (cando as voces eran contrarias) ou pola Xunta e Edgewater no caso de que esas voces fosen favorables.
Os nosos seguintes pasos están destinados á contrastación de todas estas informacións achegándonos ao lugar afectado para falar cos veciños e nos mostren cales son as verdadeiras consecuencias, tanto positivas como negativas, deste proxecto mineiro que leva a cabo a empresa canadiense Edgewater.
143 B00
Posted on 20 Febreiro, 2014, in Posts grupais and tagged 143 B00, PIZARRO GÓMEZ, Portela Rodríguez, Rial Maneiro, Sánchez Caridad, Ulla Villanueva. Bookmark the permalink. 2 Comentarios.
Agora comezaría a fase de pretest do entorno, como decides. Primeiro ver. Nun segundo banzo tratar de que eles comenten as análises que vos fixéchedes, pero dantes desto, que comenten abertamente a información que lembren eles dos medios referente ao caso. A ver que pensan. Xa vos comentín tamén noutro comentario, o de pescudar actuacións desta empresa multinacional noutros lugares do mundo e ver o impacto mediático e social que xeraran naquiles lugares: para ver, simplesmente, que o discurso da empresa está estandarizado. É unha hipótese, pero de ser confirmada, xa temos unha ferramenta de contra-información, valiosa argumentalmente.
xa foron hoxe Selena e Pablo a falar coa xente de Corcoesto e a ver que nos din…