De negros e de homes

Imagen

Portada de El País do día 17 de febreiro

Atención! Refúxiense todos na súa casa e non saian! Hordas de subsaharianos famentos veñen a saquear a nosa grande e libre nación (deixémolo mellor en país), a ocupar os nosos postos de traballo e a roubarnos as nosas mulleres. Iso é o que parecen vendernos portadas como a publicada hai uns poucos días polo diario El País. U-lo diario de esquerdas e progresista que levaba o mesmo nome? Iker Jiménez saberá.

Posto que o noso proxecto tratará sobre os emigrantes retornados, coido que analizar o que está pasando en Ceuta e Melilla é pertinente para o contido deste post. Analizar o xeito en que se está a crear unha alarma social innecesaria para facer de menos ao escándalo do ocorrido recentemente. Mentres hai persoas afogando e sendo disparadas polas autoridades españolas cando tratan de manterse a frote, os nosos medios de comunicación deciden que o importante é que hai moitos africanos que queren vir a Europa. Cousa estrana. Por que quererán fuxir da miseria na procura dun futuro próspero? Como é esta xente de cor…

Non quero soltar parrafadas moralistas, pero se algo teño claro despois de traballar con persoas emigradas é que ninguén o fai por pracer. Por iso, as actuacións de autoridades e medios de comunicacións estes días me repugna por inhumana. Xustifícanse mortes coma se a vida dun inmigrante valese menos cá de calquera dun de nós. Como xornalistas en potencia, cómpre ter claro que o soño dunha prensa veraz e crítica se esvaece cada día máis. Abondan as mostras.

Como o espazo deste post é limitado, déixovos dúas ligazóns por se queredes ler máis sobre o tema: en primeiro lugar, un texto extraído do blog dun periodista, José Luis Sastre, que é quizais o máis realista e duro que lin sobre o tema. En segundo lugar, algo máis distendido. Unha forma graciosa de quitarlle ferro á portada noxenta que abre este post. Un artículo humorístico de PlayGround Magazine sobre a reacción suscitada en Twitter por dita portada.

Ramos Cernadas, Francisco Javier 143 C01

Posted on 20 Febreiro, 2014, in Posts individuais and tagged , , , , , . Bookmark the permalink. 5 Comentarios.

  1. Indudablemente é un tema relacionado e de actualidade. Máis ben que sucede no tempo con maior ou menor pico de atención dos medios, cáseque sempre desafortunadamente desde unha visión sensacionalista e inhumana, certamente. Gostaría que buscaran ao respecto algún artigo de Natalia Ribas Mateos, se está por Galicia vou procurar traela, respecto dos itinerarios da migración. Seguramente no Google Scholar, ou ao través do Scopus do ministerio, ou por Dialnet poderán a topar referencias. Natalia fala da presenta da migración nos medios, pero fala máis do proceso de chamada, estadía e retorno das migracións, e sobre todo das migracións magrebies e subsaharianas.
    Non obstante, vaian con tento, teñen pouco post cada un para centrar o seu tema, con aqueles que vistedes elexiron para traballar. Quero dicir que, estando ben os enganches de actualidade, non se deixen levar pola onda dos medios á hora de concretar e ir ao que vamos. Por certo, dantes do próximo seminario mándenme un correo para quedar nesas horas e aconsellar sobre o traballo. Saúde.

  2. No creo que sea un problema de negros o blancos. Probablemente, si europeos del Este o sudamericanos tuviesen que saltar una valla en esas condiciones para entrar en España recibirían el mismo trato. Somos descendientes de emigrantes, pero rechazamos la inmigración por sistema -y confundimos inmigración con ilegalidad-. Sin embargo, en Suiza nos quieren cerrar la frontera al considerarnos “inmigrantes de segunda” y nos indignamos, porque eso atenta contra la libre circulación de personas. Vivimos una situación paradójica.

  3. Paréceme moi interesante o tema que plantexas neste post e sen dúbida ten moita relación co tema do voso grupo. É indignante o que se está facendo con esas persoas, que o único que buscan é saír da miseria na procura dunha vida digna. Non lle fan dano a ninguén. Pero tamén é indignante ver a opinión de moita xente respecto ao tema. Falan deles como se fosen unha paria e coma se viñesen con malas intencións, sobre todo cos perxuízos de que son persoas que se tiran á violencia e aos roubos. Como se os españois fósemos uns santos! E estou segura de que moitas das persoas que critican a entrada de inmigrantes teñen a algún familiar, amigo ou coñecido no estranxeiro tentando facer o mesmo que o que está tentando facer a xente que está entrando a territorio español por Ceuta e Melilla: buscar unha vida mellor. E, por suposto, non olvidemos que os galegos somos o pobo emigrante por excelencia, ou por desgracia, vaia. Así que si queremos que nos traten ben fóra fagamos o propio cos que veñen aquí.

    Rial Maneiro, Ana 143 B03

    • Estou de acordo contigo en canto a que milleiros de persoas ven aos inmigrantes dun xeito despectivo, pero creo que disto ten gran parte de culpa a labor feita polos medios de comunicación (a instancias de vaite ti a saber quen), que non dubidan o máis mínimo en calificar a estas persoas coma a peor calaña posible.

      Ramos Cernadas, Francisco Javier 143 C01

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: