Down Compostela, diversión entre todos

O luns día 3 de febreiro, adentrámonos en Conxo na búsqueda da Asociación Down Galicia de Santiago de Compostela. Falamos con Marta, a directora, coa que habíamos quedado por teléfono previamente.

Tivemos que esperar uns minutos por ela a que rematara de falar por teléfono, pero nese tempo, un dos rapaces da asociación invitounos xa a un cumpreanos.

Pronto apareceu Marta, entramos a unha sala e comezamos a “reunión” e lle expusimos o noso proxecto, analizar as relacións das personas da asociación, tanto con síndrome de down como dos que alí traballan. En principio, a nosa proposta era de traballar cos rapaces que comezan na escola, pero chegamos á conclusión de que sería máis dificultoso para nosotros e para a asociación. Así pois, Marta recomendounos acudir ás súas actividades de ocio. Actividades que neses intres nos que esperábamos por Marta, máis de dous dos rapaces da asociación o comentaron.

Marta explicounos entón, que o que normalmente facían era sair da asociación tódolos venres, desenvolverse en lugares normais ós que van tódolos rapaces da mesma idade. Explicou que a esas idades, os chavales con síndrome de down non teñen tantos  amigos, por iso, impúlsanse estas actividades de ocio. Igual van a tomar algo ó centro de Santiago, ó cine, á bolera…

Pero agora mesmo fan outro tipo de actividades, os últimos venres e os vindeiros estan a preparar un baile para a festa de entroido. Estos bailes pola contra, si se ensaian no salón de actos da propia asociación. Así que fomos invitadas o seguinte venres a observar, e sobretodo a participar con eles nestes bailes. Unha das compañeiras díxolle a Marta “Mira que yo no tengo ni idea de bailar, ¿eh?” y Marta nos dijo esto: “No te preocupes, la mayoría estamos allí para hacer un rato el gilipollas y olvidarse de todo, los chicos, los padres, los monitores…”

Alí estabamos o venres día 7 ás 5 da tarde como un cravo. Primeiro a directora presentounos ó único rapaz que non podería ser nin filmado nin fotografiado, para que xa evitaramos sacarlle fotos de anteman, de tódalas maneiras revisaremos todo o material que obteñamos. Máis tarde, baixamos ó salón de actos e alí, presentámonos ós axudantes que traballan en Down Compostela, ás nais e pais e como non, a os protagonistas do baile.

Pasamos unha moi boa tarde, observando e coñecendo comportamentos das persoas con síndrome de down ou outras discapacidades no ámbito de actividades de baile, pero necesitamos, sen lugar a dúbida moitas máis tardes para coller confianza cno eles, para coñecelos máis á fondo e que nos acepten.

A coreografía evidentemente non era moi complicada, pero as miñas compañeiras e máis eu tardamos aínda un tempo en coller o baile. Estou ansiosa por ver como acaba o baile no Entroido, e por suposto en poder compartilo a través do blog.2012-05-15-002-M

MARTÍNEZ DE LA RIVA DOALLO, INÉS 142.D05

Advertisements

Posted on 20 Febreiro, 2014, in Posts individuais and tagged , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Me parece un modo estupendo de conocer las relaciones que tienen lugar en la asociación. Estudiarla desde dentro, no como periodistas-entrevistados, sino como participantes. De alguna manera, supongo que las relaciones que establece una persona se pueden ver mucho mejor si las establece contigo.

    PARDO CREGO, ALICIA 142.A04

  2. Muy de acuerdo contigo, Alicia. Es cierto que establecer lazos de confianza ayuda a entender a alguien mejor que haciendole preguntas sin más. Igual no a conocer más información, pero sí entender.
    Cada vez nos entusiasman más sus actividades, y sobre todo ahora que saldremos cada viiernes con ellos fuera del centro Down Compostela.

    Martínez de la Riva Doallo, Inés 142.D05

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: