A primeira viaxe

Logo de dúas semanas de contacto e conversas chegamos ao primeiro encontro importante cunha das peñas coas que traballamos.

Durante estas semanas coñecemos á xente de Merlegos Celestes, Peña deportivista de Carballo e tamén contactamos cunha peña deportivista na diáspora, a peña deportivista madrileña Chamberí Blanquiazul. Coas dúas primeiras peñas xa tivemos a oportunidade de ver un partido de cada equipo nas súas respectivas sedes, nos bares “Merlegos” e “A de Pako”.

1957554_10201327168452181_288099492_n

Compartindo estes momentos con ambas identidades atopamos similitudes nas súas costumes. Os membros xúntanse no seu bar e alí ven os partidos, tanto os encontros que os equipos disputan no seu campo coma os que xogan lonxe da súas terras. Aínda así asisten ao campo sempre que poden. Na visualización dos choques os presenten no bar realizan cánticos como se estivesen no campo. Ademais antes de comezar o encontro, ámbalas dúas poñen música galega e o himno do seu equipo. ( A de Carballo non fai o da música galega nin o do himno…)

En canto ó encontro importante do que falábamos, que nos permitirá integrarnos na peña e coñecer aos seus membros, será a viaxe a Balaídos para presenciar o encontro entre o RC Celta e o Xetafe. Para realizar este traxecto contactamos co presidente da peña, Miguel Barja. Este púxonos en contacto con Xoán, que é o encargado de organizar estas viaxes, e este reservounos cinco plazas para un dos autobuses cos que asistirán ao partido.

Os membros do grupo aproveitaremos este acontecemento para coñecer a estrutura desta peña formada no 2010 e inaugurada fai apenas dous anos. Na viaxe que realizaremos este sábado sacaremos información acerca das súas costumes antes, durante e despois dos partidos.

Este periplo comezará cunha viaxe en autobus dende a capital, Santiago de Compostela, ata o Estadio de Balaídos e terá como punto álxido a presenza no partido xunto a esta peña. En ese tempo veremos cales son as súas tradicións, cánticos realizados tanto no bus coma no campo, que bares visitan, se se organizan dalgunha forma con outras peñas antes de entrar ó estadio ou mesmo as reaccións ao término do encontro.

Para as próximas semanas esperamos ter novas historias que contar, novas experiencias realizadas con estas organizacións e se temos a posibilidade ampliar o abano de peñas.

141 C00

Crespo Navarro  141 C01

Fernández Díaz 141 C02

Fernández Ferro 141 C03

Fernández Ojea 141 C04

García Chouciño 141 C05

Posted on 21 Febreiro, 2014, in Posts grupais and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: