aCentral Folque: en prol da música galega

Inculcáronme dende moi nena a paixón pola música: con catro anos, choráballe a miña nai para que non me deixase nas clases de música en movemento mais agora, con dezanove, son eu a que colle o coche os venres á noite para ir aos ensaios coa banda da vila. Gústame a música si, pero máis aló diso, admiro profundamente a aqueles que adican a súa vida a ela. É moi habitual que a un músico (dos de toda a vida, eh, dos que aprenderon as notas antes que as letras e teñen calos nas mans logo de tantísimas horas de ensaios) se lle pregunte “pero, e ti a que te adicas?” e cando este responde “son músico”, lle contesten “xa, xa, pero de que traballas?”. Señores, a música pode ser un traballo, e un do que non podes escapar logo das oito horas laborais porque, como acontece co xornalismo, para os bos profesionais vai máis aló e chega a converterse nunha forma de vida. Mal pagadas ámbalas dúas, pero formas de vida ao fin ao cabo.

Ese foi un dos motivos que me atraeu de aCentral Folque: coñecer cales foron os intereses comúns que levaron a estas persoas a xuntárense un día para iniciar este proxecto musical. O outro factor que me atraeu foi a súa labor de conservación e difusión da nosa música.

Ese xigante chamado Globalización tráenos constantemente músicas de tódalas partes do mundo: cada día aparece unha nova Lady Gaga, a enésima remasterización dunha cinta dos Beatles ou un novo dueto de Pitbull que nos fan esquecer o que se produce aquí, na terra. Son organizacións como aCentral Folque os encargados de recordarnos mediante actuacións, talleres e representacións teatrais ao longo e ancho da xeografía galega que si, a música “Made In Galiza”, como diría Séchu Sende, segue moi presente. 

Persoalmente, atopo moi inspirador que rapaces novos como os desta asociación leven acabo semellante labor de conservación de parte da nosa cultura e tradición. Logo da primeira sesión con eles, xa comezo a entrever algúns puntos de interese en común entre os músicos da Central Folque e mais eu: o valor de inculcárllela paixón pola música aos cativos, a importancia de manter a nosa tradición na sociedade actual e de transmitírllela ás seguintes xeracións para garantir a supervivencia da nosa identidade, e a intención de converter a oficio de músico nunha profesión propiamente dita. De seguirmos así, auguro unha moi boa experiencia a nivel particular que, espero, nos axude a compartir e desenrolar ideas e opinións.

MELLE GOYANES, MARÍA 142.A01

Advertisements

Posted on 21 Febreiro, 2014, in Posts individuais and tagged , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Cuando hablamos del mantenimiento de la identidad de un pueblo, la transmisión intergeneracional de su cultura, no podemos obviar la importancia que la música tiene. La música es algo que va intrínseco, es casi innato. Nos une a todos los que compartimos una misma cultura y nos ayuda a afianzar nuestro sentido comunitario. Nos hace sentir más pueblo. En nuestro caso, nos hace sentir más galegos. Por eso creo que iniciativas como estas son claves para continuar por la senda de la concienciación de nuestra identidad como galegos.

    NEIRA CARBALLO, EVA 142.B03

    • Coincido coa túa resposta. Despois de todo, “sen música, a vida sería un erro”. Os sons dun territorio defíneno e “ubícano no tempo e no espazo”. Explícome: por exemplo, na película Tinta Roja soan músicas moi latinas que nos recordan en onde se levan a cabo os acontecementos. Ese creo que é un dos rasgos máis interestes da música popular. É aCentral contribúe dun xeito impresionante a pular por este tipo de melodías tan importantes hoxe en día para, como ti dis, manter a nosa identidade como galegos, no medio dun mundo tan globalizado.
      Outra cousa interesante destes rapaces é que non só queren difundir a a nosa música popular, tamén se preocupan de adaptar os instrumentos e sons típicos a novas melodías e contextos.
      Melle Goyanes, María 142.A01

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: