Coñecendo Itínera: pros e contras

Arredores do antigo cemiterio de Conxo

Arredores do antigo cemiterio de Conxo

Estamos no momento idóneo (o primeiro post grupal) para cavilar no que levamos feito ata o de agora, ver que valoramos e que mellorariamos da asociación.

Como ben sabedes (ou aínda non sabedes), a asociación Itínera nace dunha experiencia de voluntariado no hospital psiquiátrico de Conxo. Coa fin de facilita-la vida destas persoas e integralas na vida en sociedade, a asociación organiza unha serie de actividades en grupo que axudan á expresión e á comunicación. Os usuarios acoden a estas actividades algúns por propia vontade e con ganas de participar e outros, obrigados e sen demasiado interese. Entre estas actividades que xa observamos atópanse as seguintes:

  1. Debate. Consiste nunha conversa sobre diversos temas de actualidade previamente seleccionados. O positivo desta actividade é que enriquece moito á persoa á hora de busca-los seus propios argumentos para defender. O negativo, que a conversa adoita recaer naquelas persoas máis activas. Unha parte considerable do colectivo non participa.
  2.  Cine. Visionado dunha película e posterior tertulia. Como consecuencia do tempo da película a tertulia é moi breve e da que apenas participan os usuarios.
  3. Medio ambiente. Esta actividade realízase no antigo cemiterio de Conxo. O traballo en grupo ten como obxectivo arranxa-lo lugar que durante moitos anos estivo abandonado. Esta actividade non incita tanto á comunicación como á coordinación e ao traballo en equipo.
  4. Fútbol. Realízase no campo de fútbol de Conxo (o de terra). Incentiva-la actividade psicomotriz é moi positivo para os usuarios, así como o traballo en equipo. Porén, ás veces o exceso de competitividade dos voluntarios durante os partidos impide aos usuarios ser partícipes do xogo (non lla pasan), o que fai mingua-la interacción.

Como vemos, estas actividades poden ser moi enriquecedoras para o usuario á hora de integralo nun colectivo formado por outros usuarios e voluntarios, pero apreciamos unha sobreparticipación daquelas persoas con máis capacidades ou máis extrovertidas que no canto de dinamizar acaban por monopoliza-las actividades.

Proximamente queremos coñece-los talleres de habilidades sociais, nos que os voluntarios necesitan unha certa cualifición, nos que a comunicación e a interacción entre as persoas ten un peso fundamental.

Titorizado 4a 142.EOO

Advertisements

Posted on 21 Febreiro, 2014, in Posts grupais and tagged . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. Como actividad, si yo tuviera que organizarlo, me centraría más en la parte educativa y cultural. Es decir, lógicamente jugar al fútbol, como cualquier otro deporte en equipo, es bueno para aprender ciertos valores. Pero yo quizás me centraría más en la enseñanza. También es cierto que todo depende del grado de enfermedad que padezca cada paciente, pero creo que es una parte muy importante, ya que en muchos casos, por culpa de la enfermedad, los pacientes tienen que paralizar sus estudios. Y de esta forma, desconociendo todo lo que pasa en el mundo, creo que fomentan la exclusión social. El caso del debate, por ejemplo, me parece mucho más útil, pero como decís, sólo proporcionará la ayuda que se busca si se hace en grupos reducidos para fomentar la participación total. Aún así, es la actividad que más valoro de las cuatro que habéis citado.
    Una pregunta que os quería hacer es que si estos enfermos conviven todos juntos o si, después de realizar las actividades del día, se van cada uno para sus casas. Lo cierto es que, si yo tuviera que escoger, no sabría muy bien por cual tirar. Quizás, si el grado de enfermedad es muy alto, sí que fomentaría la convivencia con otros pacientes; pero cuando la adaptación al medio va incrementándose, sí que me gustaría que cada uno pudiese estar con sus familias para acercarse cada vez más a la normalidad.

    González García, Sabela. 142.C04

    • Como dixemos, a función de Itínera é “adestrar” unhas certas habilidades sociais que axuden a estas persoas a vivir de xeito independente. Como ti dis, Sabela, hai actividades que teñen uns valores máis educativos fronte a outras que fomentan outro tipo de valores, pero non creo que sexan nin mellores nin peores. Cando falamos con eles (e quero salientar este verbo) algúns nos din que aborrecen as actividades como debate ou como a tertulia de cine porque lles parece demasiado esixente e nada produtiva.
      Respondendo a túa pregunta, hai de todo. Algúns deles conviven xuntos en pisos titorizados, outros están internos no psiquiátrico e outros viven nas súas casas coas familias. E no referido á covivencia alén das actividades, podémola comparar con calquera das nosas vidas. Algúns van tomar un café, outros marchan para a casa… Créanse máis vínculos cunhas persoas que con outras.
      Por último, a asociación non contempla a participación das familias porque entende que o contexto debe ser de amizade e non un entorno familiar directo. De todos xeitos, creo que é unha aportación interesante que intentaremos investigar.

      Titorizado 4a

  2. E xa. Abondou de falar da organización. Agora fatigan o traballo que corresponde a esta materia. Falen cos afectados.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: