Itínera: ser un máis

qew

Lémbrome do primeiro día que entrei en Itínera. Foi polo mes de setembro nunha actividade de debate. A sala estaba chea de cadeiras baleiras mirando cara a un enorme encerado branco. “Están nese café de abaixo -díxome Carlos Martínez, o boss da asociación, mentres sinalaba pola ventá.- Quedan sempre antes do debate para prepara-los temas”. Pouco a pouco a sala foise enchendo de persoas. Uns máis apurados para coller sitio, outros con calma e outros tarde, como en calquera clase da facultade. “Este é Antonio, un novo voluntario que vai vir aos debates”. De súpeto atopeime acompañado de vinte persoas que non coñecía de nada.

Ocorreron dúas cousas inesperadas: a primeira rompeume os esquemas. Eu chegara alí coa idea de axuda-los usuarios, pero quedei sorprendido cando foron eles os que me axudaron a min. “Meu pobre -deberon pensar,- é novo. Non ten nin idea”. E a segunda foi que non achei xeito ningún de recoñecer quen era voluntario e quen usuario. Aínda hoxe, cinco meses despois, manteño algunhas dúbidas. Incluso hai algún usuario (en realidade ex-usuario) que tamén é voluntario. Esta incertidume marabilloume. Foi nese momento cando entendín que a esencia do voluntario en Itínera é colaborar como un amigo e non coma un mestre, un monitor ou algo semellante. É ser un máis.

Este tema xerou opinións contrapostas dentro do noso grupo. Eu pensaba que saber quen é usuario e quen non era irrelevante. Todos estamos metidos no allo, ¿que máis ten saber quen está diagnosticado e quen non? Obviamente, hai persoas das que notas ao momento que padecen algún problema, pero de moitas delas non se apercibe tan facilmente. Porén, as miñas compañeiras pensan que é fundamental saber quen é usuario e quen voluntario, aínda que non por iso se vaia a cambia-la relación de igualdade. ¿Vós que pensades?

MOSQUERA MONTOYA, ANTONIO 142.E01

Advertisements

Posted on 21 Febreiro, 2014, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 8 Comentarios.

  1. Xa coñecía da túa experiencia nesta asociación, mais foi agora, cando lin isto, cando se me veu á cabeza unha frase de Eduardo Galeano, aplicada a outro contexto, pero que considero oportuna para este tamén, e é: “A solidariedade é igualdade, a caridade é un risco”. A forma da que máis lles podías axudar a este grupo de persoas é compartindo o teu tempo e a túa voz con eles, facendo que eles se sintan iguais a ti, que se sintan importante polo feito de que decidas que o que queres facer durante tres horas á tarde é escoitalos a eles, pero que falen contigo como un máis, intercambiando ideas e fomentando a creación dunha opinión propia e coñecemento da realidade. Se o motor da comunicación fose un mero sentimento de condescendencia seguro que eles nunca se ía abrir tanto a ti.
    Tubío Rei, Olaia 143 C04

    • Creo que si. Sempre actuamos cunha prudencia desmesurada cando tratamos con estas persoas, ou con discapacitados físicos, ou con negros ou chineses. Creo que socialmente hai unha postura “á defensiva” que nos impide ser nós mesmos. Centrámonos máis en evitar dicir palabras como “enfermo” ou “discapacitado” que en ter unha conversa natural e espontánea. Para min, isto é un erro. E como ti dis, a mellor maneira de axudar é a proximidade.

      Mosquera Montoya, Antonio 142.E01

  2. Coincido completamente contigo Antonio. Realmente no creo que sea necesario hacer una división del trabajo en el sentido de delimitar quién está al mando y quién no. En una situación de igualdad todas las personas son capaces de asumir unas responsabilidades y actuar consecuentemente con éstas sin necesidad de que haya un organigrama marcado. La cooperación entre personas sólo necesita de las ganas de éstas para salir adelante. Como tú dices, “estamos todos en el ajo”.

    NEIRA CARBALLO, EVA 142.B03

    • Antes de nada quero deixar moi claro que ningunha das miñas compañeiras dixo que se debía facer unha división xerárquica entre voluntarios e usuarios. O único que se manifestou foi que era fundamental que os voluntarios soubesen das enfermidades dos usuarios, pero mantendo sempre a relación de igualdade, por se había algunha dúbida. Dito isto, coincido en que as ganas na vida é a mellor menciña.

      Mosquera Montoya, Antonio 142.E01

  3. No creo que sea necesario. Es más, creo que, en cierto modo, es un obstáculo, una distracción a la hora de tratar de comprender a las personas. En mi opinión, una buena forma de establecer una relación de igualdad y de entendimiento es precisamente librarse de las etiquetas. Sino, existe el peligro de caer en una mera compasión, convirtiendo a la persona en su enfermedad.

    PARDO CREGO, ALICIA 142.A04

    • Creo que non se pode dicir máis claro. Acabas de darlle forma ao meu pensamento. Todos somos diferentes e o que importa é a confianza que se establece cunhas persoas para a comunicación. Sen obrigas. Con naturalidade.

      MOSQUERA MONTOYA, ANTONIO 142.E01

  4. Estoy de acuerdo con Alicia. Cada persona es un mundo, y si están ahí seguramente es porque necesitan sentirse unidos en una comunidad de gente igual. Ya bastantes jerarquías hay ahí fuera, como para aún encima establecer divisiones dentro de la asociación. Todos son capaces. Son, en definitiva, como tú dices, uno más. Cuando conoces a una persona con una enfermedad es imposible no caer en la compasión. Ya sea en mayor o en menor medida, pero es algo que siempre se apodera de nosotros. No creo que ellos busquen compasión en la asociación porque eso ya lo hay fuera.

    Espiñeira Forcada, Andrea 141 D03

    • Coincido na importancia da relación de igualdade e espontaneidade coa que se debe actuar. O debate que tivemos está xusto no punto que comentas: ¿Debemos coñece-las enfermidades que teñen os usuarios? ¿Condiciona iso a nosa forma de actuar?
      O que eu comentaba era a irrelevancia en diferenciar entre quen padece unha enfermidade e quen non. Simplemente se trata de establecer vínculos comunicativos con estas persoas. Se elas se abren a falar das súas enfermidades, perfecto; pero tampouco creo que sexa un tema importante. Son opinións.

      MOSQUERA MONTOYA, ANTONIO 142.E01

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: