Ti es o milagre da terra e a terra é un milagre teu

EMIGRAR: Deixar o propio país ou o lugar de orixe, para establecerse noutro, en particular por razóns de traballo.

Alén do que poidan dicir as academias, os galegos ben coñecemos o significado da palabra emigrar. Familias partidas pola metade, pais que non ven aos seus fillos, fillos que non ven aos seus pais… Por iso, e despois dunha extensa documentación, estando tan presente o tema na nosa sociedade, decidimos escoller como material de traballo as relacións entre os emigrantes retornados, para o cal nos servimos da axuda da asociación Marusía.

IMG_1004

Despois de contactar co presidente da asociación, Manuel Domínguez Rial, este convidounos a asistir a unha palestra na que se presentou o principal foco de actuación da asociación: o conflito cas pensións do estranxeiro. Alí, despois dun longo camiño pola sempre en obras rúa de San Pedro, chegamos ao lugar de encontro dos retornados. Na porta tivemos a primeira toma de contacto con eles. Ao entrar, dímonos conta de que o lugar era un sitio humilde, case tanto como as persoas que alí se atopaban. O lema “Semente espallada polo mundo que retornamos a Galiza” inundaba as paredes xunto con fotografías cun ton melancólico. Un pequeno espazo para unha gran causa.

IMG_0973

Despois de que o presidente falara do tema das pensións, abriuse un pequeno debate para compartir opinións e o caso de cada un. As reaccións dos retornados foron moi variadas. Mentres uns alzaban a voz e perdían os nervios, outros asentían compracidos co que oían os seus oídos e a esperanza que lles facía chegar o tamén retornado Manuel Domínguez. Para rematar, comunicáronse as datas dos vindeiros actos. DSC_5704

DSC_5689

O primeiro deles chegaría unha semana despois, acompañado da enésima cicloxénese explosiva. Dende hai unhas semanas os membros da organización, ademais de recoller firmas para unha ILP, estiveron xuntando reclamacións para entregar en Facenda. O acto en si pode que non vaia supor unha mellora real na situación, mais é unha mostra de unión e apoio, unha mostra de que non se esquecen do que están a sufrir. Reuníronse na entrada da oficina para salvagardarse da furia do tempo e, mentres non se procedía á entrega dos papeis, compartiron a súa experiencia con nós. Todos coincidían nunha cousa; a eles ninguén lles dixo que tiñan que afrontar pago algún en todas as ocasións que fixeron a súa declaración e agora a facenda estálles reclamando diñeiro dende o 2008. Cando todo o mundo ten a mesma queixa é por algo.

DSC_5843

Unha vez entregadas as firmas, desplegaron unha pancarta na porta do edificio durante uns minutos e despois diso puxemos rumbo á casa, coa pena de que o tempo non permitira unha maior afluencia á convocatoria. Mañán imos acudir a unha nova reunión e iremos informando de como avanza o traballo da asociación.

                                                                                                                                      Sempre tentando ser o reflexo deses retornados.

DSC_5669

143 COO

Advertisements

Posted on 21 Febreiro, 2014, in Posts grupais and tagged , , , , , , , , , , , , , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. Marta Rodríguez Suárez

    A finais do ano pasado coñecín o problema do que falades a través dos medios. Pero máis que na prensa coñecino por casos particulares, por veciños e coñecidos que non sabían qué facer para solucionar este problema. Por iso alégrame saber que en Marusía atopan unha guía para este difícil camiño burocrático. Como dicía, coñecín o caso pola prensa pero dun tempo a esta parte foi como se desaparecese, polo que me parece máis importante, se cabe, que o estedes tratando.
    En canto á asociación paréceme interesante preguntarlles cal é a súa idea de comunidade e a convivencia dunha comunidade extranxeira nun país. Con iso retornamos á idea do Contrapunto, que se plantexaba nun dos textos desta asignatura. Desde o meu punto de vista sería interesante tratar o tema dos medios de comunicación minoritarios e a conviviencia cos maioritarios. Son imprescindibles para a conservación da identidade nai, para a súa difusión e para fomentar a comprensión coa diversidade no país de acollida.
    RODRÍGUEZ SUÁREZ, MARTA 143.A001

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: