“Traballar con alguén non serve de nada se non hai corazón”

O noso traballo vai xirar ao redor de aCentral Folque, unha asociación que intenta impulsar a música tradicional galega. Para levar a cabo esta labor, contan cunha escola, a Escola Livre de Música Popular Galega. O noso primeiro contacto coa asociación foi a través do encargado da produción dos eventos, Mauro, quen nos citou para un encontro con eles. Este encontro serviunons para orientar o obxectivo do traballo e informarlles do que pretendemos conseguir unha vez finalizado o proxecto.

Na primeira reunión falamos con Ramón Pinheiro, “Chito”, e permitiunos orientarnos sobre como xurdiu, quen traballa para a central, cales son os seus intereses e como distribúen o seu traballo. Tralas explicacións puidemos interpretar e descubrir os primeiros detalles sobre a asociación.

escola livre

aCentral Folque é unha corporación cun núcleo central formado por Ugía, Ramón, Olga, Mauro e Maisa. Empezaron hai xa 14 anos, en Lalín, froito dunha serie de intereses e gustos comúns, establecendo unha amizade a través da música. Pero distintos factores (principalmente políticos) leváronos ata Compostela, onde teñen a oficina e a Escola. Na oficina, cada quen ten o seu cometido, pero Chito insistiunos en que é necesario que exista un forte compromiso entre todos eles: nin hai horarios, nin salarios establecidos, nin un lugar fixo de traballo. Cren que non precisan traballar xuntos para conseguir un obxectivo común. Así, aínda que cada quen ten o seu papel, e todos agardan que o outro sexa capaz de levalo a cabo, tamén é necesario que todo o equipo se poida facer cargo de calquera “fase do traballo” ante a posibilidade de que algún fallase polo motivo que fora. Teñen, polo tanto, unha relación baseada no respecto e a confianza, porque, como nos dixo Chito, “Traballar con alguén non serve de nada se non hai corazón”.

Afirman que a música non é un mero pasatempo, senón que se pode converter nunha maneira de gañarse a vida. É por iso que se mostran contrarios á regulación da actividade musical vixente en España. Este sistema xera unha inseguridade económica que a estas alturas da súa vida non están dispostos a asumir. Varios deles formaron unha familia, e non poden a arriscar a súa estabilidade económica como poderían facer cando ninguén dependía deles.

Os anos pasan e as situacións cambian, pero o seu interese co aCentral Folque segue intacto.

142.A00

Advertisements

Posted on 21 Febreiro, 2014, in Posts grupais and tagged , , , , , , , , , , . Bookmark the permalink. 6 Comentarios.

  1. E vale. Xa vai dabondo coa organización. Imos ver nos próximos post como se desenvolven as redes das persoas que contribuen ou fan parte dela.

    • Oído cociña!
      Consideramos que era importante falar primeiro con eles para que nos situasen un pouco no contexto da Central. A partir de agora centrarémonos nas súas redes persoais. Tiñamos pensado ir esta semana falar con eles, pero tiveron un contratempo e non nos puideron atender. Nos próximos postS centrarémonos máis no que pide a asignatura.

      142.A00

  2. Realmente é moi enriquecedor toparse con este tipo de asociacións que axudan a persoas que se están iniciando no mundo da música e que non terían onde acudir de non ser por elas. Tamén me parece moi interesante que aboge pola nosa música, a música galega, xa que non é doado topar cunha asociación comprometida coa tradición galega neste aspecto. E eu preguntome: ¿Que é o que pretendedes aprender desta asociación?. ¿Cal é o voso obxectivo?

    Lamas Lamas, Estefanía 142.D03

    • Nuestro objetivo en este trabajo es conocer cómo se comunican los componentes de esta organización, conocerlos en profundidad y comprender la importancia que tiene la música tradicional como nexo entre ellos.

      142.A00

  3. “Cren que non precisan traballar xuntos para conseguir un obxectivo
    común.” Realmente credes que isto funciona? Habería que ver os
    resultados.
    Estudar as relacións de persoas que se adican á música ten que
    resultar interesante. Son profesores e pais comúns. Pero adícanse á
    música, á música folclórica galega, e isto xa non é tan común. Afecta
    esta forma de gaña-la vida a como se comunican cos demáis?
    MACÍAS TARRÍO, ROSALIA 142.D04

    • Nós tamén nos plantexamos se funcionaría realmente iso de ir tan por libre para conseguir un obxectivo común, pero polo de agora aCentral leva 14 anos (e sigue sumando!), así que asemella que o sistema lles vai bastante ben. Precisamente, pretendemos tamén chegar a despexar por completo esta dúbida ao longo deste traballo.
      Polo de agora cremos que non poderiamos afirmar se o seu traballo afecta á súa forma de comunicarse. Podemos falarche da nosa experiencia con eles, e dela sacamos que non, non afecta para nada. É certo que se acostuma a dicir que os artistas son xente “especial” (introvertidos, que ven o mundo dende outra perspectiva…), pero até o de agora nós atopámonos cun grupo de persoas moi simpáticas, faladores, con ideas dispares e que, dende a nosa perspectiva, non parece que o seu oficio lles supoña ningún obstáculo para comunicarse (pola contra! a música é unha forma máis de comunicar!).

      142.A00

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: