Actualidad, Isaac Joseph
“Lo que llamamos realidad es una utopía,” esta é unha frase de Maurice Blanchot extraída da cita coa que Isaac Joseph abre este ensaio e coa que eu tamén quería empezar este post.
Para seguir falando do tempo (pasado – presente – futuro). Por unha parte fálase de que o tempo é constante e activo e por outra da non existencia do tempo. Traendo o tempo á actualizade dicir que parece que agora o tempo pasa máis a presa. A constante actualización vai da man da actualidade. Estes últimos días tivemos un exemplo moi bo, os xornais – nas súas versións dixitais – e os propios enviados especiais mediante as redes socias informaban ao minuto de todos os cambio que ocorrían en Kiev.
Outro punto a tratar, relacionado co anterior, é o xornalista como testigo do seu tempo. O historiador conta o tempo pasado e o xornalista conta o tempo presente. Isto, dende o comezo da profesión, é así. Pero agora este presente está caracterizado pola inmediatez e as noticias están en constante actualización.
Isaac Joseph fala de loitar contra o xornalismo de masas para lograr un xornalismo sociolóxico. Relacionando isto co que falaba anteriormente da actualización e inmediatez, ocorréseme cerrar este post cunha pregunta: ¿Ata que punto este constante actualización é boa? ¿Estaremos deixando polo camiño detalles importante?
HERNÁNDEZ VARELA, PAULA 142.D02
Posted on 24 Febreiro, 2014, in Lecturas e filmes and tagged 142.D02, Actualidad, hernández varela, isaac joseph, Lecturas, paula. Bookmark the permalink. 2 Comentarios.
Cando non o xornalismo deixou detalles ao marxe por seren inmediato? canto futuro hai no presente de cada actualidade? perséguese o futuro ou a verdade? Certo é que o tempo é unha creación humana, hoxe asociada á división social do traballo e no caso do xornalismo da reproductibilidade que permite a técnica. Blanchot é un pensador da comunidade, precursor do movemento italo-francés da filosofía da comunidade. Cando fala de que a realidade é unha utopía, quere decir que é unha posibilidade, algo posible, que tamén muda en distopía ou en nutopía. De igual xeito o quefacer do xornalismo e o emprego do tempo na construción da comunidade.
Sempre van quedar detalles atrás, o problema ven cando esos detalles son esencias para que os lectores non interpreten mal as noticias. Creo que unha segunda lectura, con calma, evitaría moitos erros. Por outra parte, dende sempre se persigueu a verdade, iso non cambia. Nadie pretende adiviñar o futuro, nin os meteorólogos, pero a realidade vai a un ritmo trepidante. Non creo que o tempo sexa un facto que deba influír para facer unha boa peza xornalística, todo ao seu tempo, nin tardar tres días en dar unha noticia nin dala nun minuto. Cada cousa ao seu tempo.
Hernández Varela, Paula 142.D02