Culturas en Contrapunto

“Reconocer la presencia de múltiples voces es una cosa, y hallar la manera de apreciar su valor y crear un marco que proteja su integridad y las haga visibles es otra bien distinta”.

simpson-epilepsia

O peixe grande cómese ao pequeno. Iso sempre foi así. O caso das culturas minoritarias e as maioritarias tampouco é unha excepción. Durante séculos conviviron centos de culturas e etnias con máis ou menos seguidores, pero é nos últimos centos de anos cando a coexistencia destas distintas civilizacións parece comezar a ter máis encontronazos. O principal culpable, a globalización, a posibilidade de coñecer case calquera dato de practicamente calquera parte do mundo ao momento.

O autor do texto fala da idea de que vivamos nun mundo no que haxa unha polifonía de voces máis, pola contra, o certo é que a día de hoxe non tódalas voces teñen a mesma presenza. Os exiliados, por exemplo, cada día máis e máis, atópanse coa dificultade de atopar un medio no pais ao que emigran que lles ofreza información relacionada cos seus intereses. Outro caso serían as etnias minoritarias dun pais, como pode ser a etnia xitana en España, que non contan con medios propios, o que demostra a súa invisibilidade mediática e a súa exclusión da sociedade na que viven.

Ao non lles permitir obter unha representación no marco mediático, estamos mentindo, agochando, axudando a que se cren estereotipos e clichés sobre esas minorías.  Se os medios dun determinado territorio non representan a toda a súa comunidade, entón penso  que non é un medio fidedigno. “Los medios sólo son importantes en la medida en que generan significados”, di Silverstone.

Todo isto lévame a reflexionar sobre por que non se crean máis medios enfocados a pequenos colectivos. ¿Falta de audiencia?, ¿a barreira do idioma?, ¿falta de presuposto?, ¿inutilidade, tal vez? Eu digo que non. O motivo é que non interesa. Porque enrevesa as cousas. Fai que haxa maior variedade de ideas, gustos e tradicións, e iso complícao todo. É moito máis fácil dirixir a unha multitude que vaia a misa tódolos domingos, unha que só se divida entre a esquerda e a dereita ou que sintonize tódalas semanas o reality de turno.

 Se, como di Silverstone, o papel dos medios é decisivo para a formación dunha moral no mundo, e só temos un puñado de medios que só representan a un grupo da poboación (por máis que se diga que é o grupo maioritario), entón o que están tratando de facer é crear unha moral común para todos. Fóra ideas dispares, adeus gustos diferentes, esquecédevos das melodías da vosa patria. É a hora de adorar á gran caixa tonta.

MELLE GOYANES, MARÍA 142.A01

Advertisements

Posted on 25 Febreiro, 2014, in Lecturas e filmes and tagged , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: