Ametralladoras que disparan palabras

Radio Favela é a auténtica radio, a verdadeira das favelas. É a radio que denuncia as inxustizas, que busca alternativas aos problemas e as necesidades da comunidade. Radio Favela é a experiencia froito da organización comunitaria. Fundada por catro amigos nos anos 80, naceu encamiñada a pular pola defensa dos dereitos das xentes das favelas, fustrigadas a miúdo polos abusos policiais, a marxinalidade e a ausencia de camiños cara un futuro máis prospero que o presente. A verdadeira radio da favela tamén buscaba reflectir a realidade oculta do Brasil. Unha país cuxa poboación é maioritariamente negra, mais que se ve afectado pola lacra do racismo.

Neste camiño, o filme tenta reflectir a partir dunha iniciativa concreta a función das radios comunitarias, non só no Brasil ou en Latinoamérica, senón en calquera recuncho deste planeta. Estas iniciativas tentan concienciar á sociedade da realidade, dos problemas que os atizan, que ás veces agochados como están baixo as aparencias precisan dun pequeno pulo para xurdir na superficie. Deste xeito, estes proxectos orixínanse como unha alternativa aos medios de comunicación hexemónicos ao servizo das clases sociais dominantes. Uns medios que na procura de amplos beneficios económicos, só pretenden manter o status quo dos poderosos, desleixando a denuncia social e a loita contra as inxustizas.

As radios comunitarias nacen encamiñadas cara a toma de conciencia colectiva. Radio Favela, reflectía a vida das súas xentes, os problemas ligados ao narcotráfico (visto frecuentemente como a panacea do diñeiro fácil pola mocidade das favelas), criticaba ferozmente as prioridades do gasto público e o racismo, sobre todo o racismo. Do mesmo xeito, e non menos importante, tamén traballaba pola promoción cultural da favela. A verdadeira cultura do Brasil. Non producida pola burguesía, seguramente pouco comercial para os residentes do “asfalto”, mais en definitiva a música dos habitantes da favela. Radio Favela non só facía denuncia social, tamén difundía a cultura propia xamais transmitida polos grandes medios de comunicación. Iguamente, tentaba previr dalgunhas lacras sociais como o narcotráfico.

Imaxe

No Brasil, aquí na Galiza e en calquera parte, precisamos máis destes medios. Uns medios que defendan a cultura e a lingua propias, que as dignifiquen, ao tempo que anden á procura constante da mudanza social, da transformación da sociedade. Nun contexto como o actual, de crise económica, social, política e ética, estas iniciativas revélanse máis necesarias que nunca. Precisamos de radios, xornais, televisións tamén, que nos conten a realidade tal cal é, sen distorsións marcadas polos intereses dunha minoría con cartos e poder. Queremos novos medios, dispostos a denunciar, a sinalar co dedo o que haxa que sinalar. Medios transformadores, medios da xente e para a xente. En Compostela temos a sorte de ter unha destas radios: A Kalimera. A radio libre de Compostela, que comparte todas estas intencións.

Son necesarios, polo tanto, máis espazos de participación cidadá, negados até o de agora polo monopolio dos grandes medios. Necesítanse máis escenarios para a expresión democrática, para reflectir os problemas cunha óptica diferente e auténtica, cunha estética renovada e polo tanto descoñecida. Novas vías para acadar fins comúns. En definitiva, máis ametralladoras que disparen palabras contra o sistema.

Pardo Abuín, Xoana 142.A03

Advertisements

Posted on 26 Febreiro, 2014, in Lecturas e filmes and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: