Da ilusión a…

pablo-pineda

O venres tivemos a segunda reunión coa directora, tiñamos ganas de estar cos rapaces pero antes tiñamos que pasar por certas formalidades. Firmar un contracto de confidencialidade, isto xa nolo comunicaran na primeira reunión, pero había certas cláusulas que impedían o seguimento do noso proxecto.

Isto resultou un problema. Estamos tentando solucionalo e seguir avanzando.

A marxe disto, lin algúns comentarios nos post das miñas compañeiras de grupo cos que non concordo plenamente. Entón gustaríame que escoitarades falar a Pablo Pineda, é un home con síndrome de down, é o primeiro estudante universitario europeo con síndrome de down e o gañador da Concha de Plata ao mellor actor no Festival de Cine de San Sebastián.

Adxunto dous vídeos, ambos curtos, o primeiro unha entrevista en ton máis serio e outro un fragmento de cando foi a El Hormiguero máis ameno.

Non só Pablo Pineda consegue grandes éxitos e leva unha vida independente. O venres coñecín a un rapaz con síndrome de down que estivo traballando nun banco e que vivía nun piso cos seus amigos, tamén con síndrome de down.

Espero que con estes exemplos todos nos decatemos de que moitas persoas con síndrome de down poden levar unha vida independente, sen problema e sen necesidade de tratalos de forma diferente.

HERNÁNDEZ VARELA, PAULA 142.D02

Advertisements

Posted on 26 Febreiro, 2014, in Posts individuais and tagged , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: