“La alegría está en sus manos”

En España, a gran maioría quéixase da situación actual. O paro, a pobreza, a crise, a desaparición de empresas… Pero dentro desa gran maioría, a inmensa parte non fai absolutamente nada para intentar cambiar esa situación. “Para que, se total non vai servir de nada?”, pensarán. Pero o caso é que, se todos pensamos así, obviamente non nos van a escoitar, porque estamos en completo silencio.

b5ba66a963c1a1b50ec153fb92c6d9cb51d02836b4b81

“No” (2012), unha película de Pablo Larraín, trata sobre a campaña que levan a cabo os líderes da oposición chilena cando o dictador Pinochet, debido á presión internacional, se ve obligado a convocar un plebiscito. O protagonista, René Saavedra, é un publicista que forma parte do equipo que levará a campaña en contra de Pinochet, o NO. Este filme fai ver que unha minoría que ademais, neste caso, está controlada polo poder dictatorial, é capaz de crear o suficiente ruido como para facerse oír. Un non se pode rendir antes de comezar, ten que loitar ata que non lle queden forzas, para intentar cambiar aquilo que o perxudica. Tamén creo que esta película é un bo exemplo de que o pobo é realmente o que ten o poder, e que é o que ten que levar as rendas do seu destino. Ninguén pode sobrepoñerse a el, e si o fan, hai que levantarse contra os opresores.

NO

Outra das cousas que nos mostra este filme é o poder dos medios de comunicación de masas e da publicidade. É incrible ver como podemos ser facilmente manipulados por un bando ou por outro na medida que van presentando os seus argumentos en contra da oposición, como se van deixando podres uns a outros. Hoxe en día, todo o que saia na televisión, na radio e na prensa vai á misa. Dá medo pensar que podemos ser manipulados en calquera momento, que dende os medios nos poidan enganar con tanta facilidade. Unha clara proba atopámola no falso documental dirixido por Jordi Évole, “Operación Palace”, e que foi emitido o pasado domingo. Con el non só pretendía mostrar unha falsa teoría do acontecido no 23-F, senón a facilidade que teñen os medios para manipularnos e a debilidade das nosas mentes ante todo o que eles din.

Posted on 26 Febreiro, 2014, in Lecturas e filmes and tagged , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Me parece muy interesante el tema que planteas. Sin embargo, no creo que sea tan sencillo para un periodista formado caer en la manipulación de los poderes políticos. Que sea una opción fácil no implica que sea la mejor. Creo que si nosotros no hacemos nada para cambiar el panorama en el que vive la información hoy en día, en le cual parece que lo único que importa es vender, nadie lo va a hacer por nosotros.
    El sensacionalismo y la información subjetiva es “pan para hoy y hambre para mañana”.Puede que hoy vendamos unos cuantos ejemplares más, pero a la larga la imagen del Periodismo se debilitará aún más y la gente dejará de confiar en los periodistas y de pagar por información de la que no se fía.
    Souto Taboada Fátima 143 A04

    • Creo que tes razón, pero a diferencia de ti, penso que para un xornalista si que é fácil caer na manipulación dos poderes políticos, porque pola situación tan precaria que estamos vivindo temos que aceptar certas presións dos poderes para poder comer. É algo noxento, pero está aí.
      Hai un tempo escribín un texto relacionado co tema no que expreso a miña opinión. Déixocho por si o queres ler: http://lookingforafuckingname.wordpress.com/2013/10/14/espana-y-el-morbo/
      Orge Fernández, 142 A02

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: