Política de minorías, Raquel Paiva

Antes de empezar, paréceme necesario deixar clara unha cousa, a definición de minoría:

MINORÍA: Grupo que, dentro dunha colectividade, está composto por un pequeno número de individuos.

Despois de ler a definición, o primeiro que pensei foi que, dunha maneira ou outra, todos pertencemos a unha minoría.

minorias

O tema principal do texto é como os grupos minoritarios exercen a violencia, en ocasión nomeada como terrorismo, para chamar a atención e así saír nos medios. E tamén de como outros grupos minoritarios viven en harmonía e do papel dos medios coas comunidades minoritarias.

A marxe de se as comunidades minoritarias viven en violencia ou en harmonía, a primeira conclusión que quitei é que todos pertencemos, dalgún modo ou outro, a unha minoría. Existen minoría étnicas, políticas, relixiosas, culturais, lingüísticas, económicas…

Nós, galegos, somos para España unha minoría, coa súa cultura, a súa historia e a súa lingua. E como dixo Curros Enríquez: “Non por pequeno é desprezable un idioma.”  Pois isto pódese aplicar a todas as minorías.

Creo que a clave está na tolerancia, na igualdade e na compresión. Cada un en si mesmo é unha minoría, por iso si todos nos respectamos non teríamos que falar nin de violencia nin de terrorismo nin de nada diso. A liberdade de expresión nos medios é necesaria para que isto funcione.

mafalda2derechos1HERNÁNDEZ VARELA, PAULA 142.D02

Advertisements

Posted on 26 Febreiro, 2014, in Lecturas e filmes and tagged , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Estou totalmente de acordo. Todos pertencemos a unha minoría dunha forma ou doutra, pero sen embargo eu creo que tamen existen outras minorías que nin viven en armonía nin en violencia, senón que viven na marxinalidade. E iso é algo que mediante a igualdade e o respeto se debe intentar cambiar para intregrar a estes colectivos que foron excluídos nalgún momento da sociedade na que viven.
    García Chouciño, Alejandro 141 C05

    • Moitas minorías, sobre todo tribus, forman a súa propia sociedade, miran e coñecen outras pero en ocasións non queren formar parte delas. Teñen as súa propia comunidade, coas súas normas e regras. Non vexo tan imprescindible que todos estemos integrados nunha mesma sociedade ou comunidade como si o respecto e a tolerancia da que falaba no post.
      Hernández Varela, Paula 142.D02

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: