Comunicación sen ánimo de lucro

Cansados dos grandes medios que reducen o espectro informativo, diversos movementos e organizacións latinoamericanas decidiron contruir os seus propios medios. Crear unha plataforma que traballase a prol coas distintas comunidades e colectivos.

Xa contaban coa prensa escrita, para eles o periódico era un símbolo que “representa la trayectoria histórica, las luchas, la identidad y las distintas etapas que ha atravesado una organización”. Pero con iso non era suficiente, é por iso que moitas organizacións se fixeron con pequenos espazos nas principais radios de ámbito nacional. Outras prosperaron de tal maneira que crearon as súas propias radios. É así como nacen as radios comunitarias, o seu principal obxetivo é a democratización da información. Facer chegar ao pobo a mensaxe pola que levan loitando tantos anos. A radio é o medio idóneo posto que como ben se comentaba na lectura, a escoita pódese acompañar doutras tarefas e os ouvintes non precisan saber ler nin escribir. En definitiva, a radio é un medio para todos.

la-radio-libre-es-gratisFoto: http://losretosdigitales.blogspot.com.es/2012/01/ante-de-la-coda-largo-acorde-en.html

En España tamén existen as radios libres e comunitarias. Precisamente o dezaoito deste mes se publicaba unha noticia sobre a adaptación de Euskadi e Navarra á nova lei 7/2010, do 31 de marzo, Xeneral de Comunicación Audiovisual. Esta lexislación permite regular o funcionamento das radios e televisións comunitarias en ambas comunidades. Unha das melloras que trae consigo é a reserva de prazas aos medios comunitarios no concurso público polas CCAA. Posto que para prestar este tipo de servizos é preciso obter unha licencia previa. A Rede de Medios Comunitarios, con sede en Madrid, tamén puxo en marcha unha campaña que defende o dereito a comunicar, un dereito recoñecido no artigo 20 da Constitución Española.

Pódese dicir que en España a gran pioneira foi Radio Maduixa de Granollers, á que lle seguiron outras como Radio Pica, Eguzki Irratia ou Radio Klara. Todas elas naceron baixo o desexo de propiciar unha alternativa ás radios comerciais. É por iso que moitos ouvintes están en contra de que as emisoras difundan contidos que propios das radios comerciais. Defenden unha cultura alternativa, a defensa das manifestacións artísticas que se dan nas pequenas localidades.

Seijo Vigo, Laura  143.D02

 

Advertisements

Posted on 27 Febreiro, 2014, in Lecturas e filmes and tagged , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: