Dignidade e loita

Os Nadies teñen nomes e apelidos, historias vividas e por contar. Son arxentinos e arxentinas que durante a bestial crise vivida en Arxentina, entre o 2001 e o 2002, desbotaron a súa condición de vítimas, oprimidos, pobres e marxinados para pór en marcha unha serie de alternativas encamiñadas a mudar a súa realidade máis próxima.

O documentario relata pequenas historias de xente sen nome, xente sen casa, xente con fame.  Homes e mulleres que reaccionaron fronte as inxustizas acometidas polo poder, orixinando diferentes proxectos para mellorar a vida dos máis desfavorecidos: comedores comunitarios, recolectas de medicamentos…

La dignidad de los nadies mostra a situación socioeconómica da Arxentina do Corralito. Reflicte as grandes protestas contra o desemprego, contra as subvencións á banca que retiña os aforros de milleiros e milleiros de cidadáns. Revela a desesperación dos arxentinos, a rabia e a indignación. Tamén a forte represión policial realizada polas autoridades e que, en moitos dos casos, remataría en tráxicas mortes. Destapa sen tapuxos as miserias da Arxentina de comezos do século XXI, mais tamén as súas grandezas, evidenciando que a realidade se pode mudar con vontade e a base de pequenas accións.

A soberanía dos pobos é outro dos temas presentes no documentario, a defensa do propio. Aí están as mulleres arxentinas que loitaron polo que era seu para que ninguén ni nada llo puidese arrebatar. Mulleres que entoando o himno arxentino defenderon a soberanía dun país e dun pobo. Na Galiza, na década dos 70, mulleres e homes tamén batallaron pola soberanía da terra. Fixérono nas Encrobas, en Xove e na marisma de Baldaio.

Así, con dignidade, na procura constante da liberdade.

Pardo Abuín, Xoana  142. A03

Advertisements

Posted on 27 Febreiro, 2014, in Lecturas e filmes and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: