¿Que é o que importa realmente? (Local Hero)

Cando Mac abandona o seu gran Houston por unha pequena vila pesqueira escocesa descobre que aquilo non era como imaxinaba.

A súa “misión” –como el mesmo afirma ao cura africano da vila- é negociar polas terras dos veciños para poder instalar alí unha base petroleira. A maioría dos veciños entran en xúbilo ao coñecer que se van facer ricos, pero non todos. A praia, característica da beleza do lugar, perténcelle a un vello que vive nunha chabola. Este ermitán, a diferenza dos demais veciños da vila, négase a vende-lo que para el é o seu ben máis prezado.

Mac, acostumado a negociar por teléfono dende a súa oficina, débese adaptar ás novas regras do xogo. Despois de ofrecerlle todo o diñeiro do mundo sen éxito, decide despregarlle ao vello un catálogo das praias máis fermosas do mundo, tamén sen éxito. En plena negociación, o vello colle un puñado de area e pregúntalle: “¿Daríame unha libra por cada gran de area?”, Mac responde: “Non me gustan os xogos. Tratemos isto coma un negocio”. Así é este personaxe, capaz de arrisca-lo seu fogar por un xogo e non por unha suma elevada de cartos.

Este personaxe encarna a unha persoa peculiar. Vive na soidade dunha chabola na praia pero é respectado e incluso querido polo pobo. Lémbrame á historia de Manfred Gnädinger, o alemán de Camelle. Este home desentendeuse da vida acomodada que levaba na Alemaña e foi parar a esta localidade da Costa da Morte onde comezou a vivir na praia. O seu amor pola vida e pola natureza expresábao a través da arte, da escultura. 

Man, o alemán de Camelle

Man, o alemán de Camelle

Chámame moito a atención esta historia. De como pode cambiar un home coa vida. Agora que estamos a analiza-los mapas de comunidade e comunicación paréceme un bo caso a ter en conta. Forma comunidade en si mesmo e a arte é a súa maneira de expresión cara ao exterior, aínda que en esencia o realice para si mesmo.

Voltando á película, chamoume tamén a atención a figura do personaxe principal, un tipo xenial, o señor MacIntyre. A priori semella un home con sorte. Un bo traballo, un bo soldo, un bo coche… Hai unha escena característica. Mac, con algunhas copas enriba, ofrécelle a Gordon, o contable e dono do bar, cambia-las súas vidas. Todo pola vida humilde do outro, esposa incluída. Isto fainos reflexionar sobre que queremos.

mubi.com

Á hora de traballar con todas estas asociación, e aínda que esteamos de observadores como require a materia, case sen querelo vemos un mundo máis amplo onde a diversidade reina. Paramos a cavilar sobre a xenerosidade que ás veces ten o ser humano e que as inquedanzas persoais e os valores forman o compromiso que vemos reflectido en moitas destas organizacións.

Non quero rematar sen menciona-lo Going Home de Mark Knopfler. Indispensable.

MOSQUERA MONTOYA, ANTONIO 142.E01

Posted on 27 Febreiro, 2014, in Lecturas e filmes and tagged . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Muchas gracias por enlazar nuestro post. Creo que has escrito una entrada con una reflexiones muy interesantes. ¡El último párrafo me ha encantado! Un abrazo

    Sara

    The Wandering S

  2. Grazas a vós pola información que puiden recoller e por comentar este post. Para iso estamos. Unha aperta!

    MOSQUERA MONTOYA, ANTONIO 142.E01

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: