Relacións e (in)comunicación

As relacións sen unha comunicación correcta e axeitada non funcionan. Comprobámolo o pasado luns en primeira persoa. Quedaramos ás 16:30 co responsable de produción de aCentral Folque, porén un imprevisto non comunicado truncou a nosa visita á Escola Livre da Música Popular Galega, no centro sociocultural a Trisca. Tíñamos ganas de coñecer ao profesorado e máis ao alumnado, mais tocaranos agardar ás vindeiras semanas.

Malia este pequeno imprevisto, a nosa visita a semana anterior ás oficinas de Vista Alegre axudounos a encamiñar un pouco mellor o noso traballo, así como a trazar as primeiras hipóteses sobre relacións sociais e comunicación. Ramón Piñeiro, membro da dirección da escola, explicounos as orixes de aCentral Folque. Un grupo de coñecidos cun elemento común: a música popular galega e o folk.

Co tempo as relacións mudaron, aumentou a confianza e o rango de coñecidos foi substituído polo de colegas. Son colegas, non amigos, así nolo dixo Ramón Piñeiro. O motivo? Cos colegas as fronteiras e os límites son máis claros que cos amigos. Entre eles hai moito aprecio e, sobre todo, moito respecto como persoas e como profesionais, mais saben non extralimitarse, coñecen as liñas que non deben traspasar.

aCentral (IMAXE)

Outro dos trazos máis característicos do seu vínculo é a responsabilidade. En aCentral non hai horarios nin salarios preestablecidos. A confianza é absoluta e mutua. Todos saben das súas tarefas e funcións, que desempeñan con compromiso e seriedade. A relación entre profesorado e alumnado non difire moito. Buscan principalmente xente moza, con compromiso e vontade de aprender. A relación entre eles, dinos Ramón, é de proximidade. Algo que se consigue con clases con poucos alumnos como as da Escola Livre da MPG.

Semella que a comunicación funciona entre eles. Seguramente debido á confianza e ao compañeirismo. Porén, certos acontecementos non se poden previr. E cos imprevistos xa se sabe, ás veces a súa comunicación, por un motivo ou outro, non chega aos receptores da mensaxe.

Pardo Abuín, Xoana 142.A03

Advertisements

Posted on 27 Febreiro, 2014, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 5 Comentarios.

  1. No conocía esta propuesta y me parece realmente interesante. Es decir, la música es un buen canal de comunicación entre las personas, y en este caso, la música gallega apenas se está teniendo en cuenta a día de hoy. Por lo tanto me parece un tema interesante, entretenido y del que sin duda se puede sacar mucha chicha y aprender.

    Carla Castro Zapatero 141B05

    • Nós estamos moi satisfeitas co noso traballo coa Central Folque por ese mesmo motivo. A música, como ben dis, non é máis que un sinónimo de comunicación. Alén disto, tamén nos parece imprescindible a labor que este grupo de músicos está a desenvolver na defensa da música popular galega, tan abandoada, na actualidade, polas institucións públicas.

      Pardo Abuín, Xoana 142.A03

  2. Xoana, creo que nos acabas de resolver un enigma. A base da comunicación é a confianza. Cando menos da que funciona, da verdadeira interacción.
    Na nosa asociación de saúde mental estamos descubrindo que hai persoas que lles costa comunicarse. E entendo ‘comunicar’ como facer partícipes aos demais do que un pensa, sente, inquieta, motiva… Para esta comunicación é imprescindible a confianza. Creo que non adoitamos prestar atención a este factor. Por iso creo que neste traballo non abonda con observar dende fóra, senón que se hai que involucrar para poder observar. Se cadra no próximo post vémoste cunha pandeireta, igualmente comunicando.

    MOSQUERA MONTOYA, ANTONIO 142.E01

    • Seguramente o problema desas persoas, que teñen problemas para se comunicar cos compañeiros, radica na falta de confianza nos demais e nun mesmo. Tan necesaria é unha confianza coma a outra. Ás veces, a falta de seguridade nun mesmo tamén imposibilita moito as relacións entre as persoas.

      Polo demais, a pandeireta vouna deixar para máis adiante.

      Pardo Abuín, Xoana 142.A03

  1. Pingback: Cando non quedan palabras | Común (e persoal)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: