Tempus fugit

Para que algo se convirta en noticia debe reunir unha serie de valores. Héctor Borrat acuñou algúns deles como a periodicidade, actualidade, novidade ou interés humano. É certo que todo xornalista busca captar a esencia do momento, pero o trunfo de saber que estás propiciando unha información única e actual é demasiado efémero. Co auxe da prensa dixital, surxe unha urxencia á hora de publicar as noticias que impide que contrastemos as fontes. Antepóndose a inmediatez á rigurosidade.

O paso do tempo, iso é o que busca plasmar Isaac Joseph en Actualidade. Só interesa aquilo que está en boca de todos. Ás veces nin sequera importa se é real ou ficticio. “Hay solamente una cosa en el mundo peor que hablen de ti, y es que no hablen de ti.” dicía George Orwell. Esta frase serviu para crear unha estratexia publicitaria coñecida como Que hablen de mí, aunque sea mal. A continuación un exemplo gráfico onde a coñecida empresa de aeroliñas Ryanair utiliza esta estratexia publicitaria facendo gala dun gran machismo.

Campaña ryanairLo más caliente. Regreso a las tarifas del colegio. Foto: http://www.elmundo.es/elmundo/2008/01/30/comunicacion/1201712521.html

Son numerosos os programas televisivos que empregan unha táctica semellante. En busca de audiencia deixan aparecer a aqueles famosos que están dispostos a sacar a relucir os trapos sucios a cambio de aparecer en pantalla. Como podemos ver, todo vale con tal de ser noticia. Estamos ante a contaminación do xénero informativo. Pouco a pouco vemos como a credibilidade vai minguando e os coñecidos gatekeepers semellan formar parte doutro século.
A información que move masas está moi ben, pero o xornalista tamén debe descubrir aquelas informacións que quedan ocultas por non interesar a un gran colectivo. Unha comunidade defínese como un conxunto de individuos que comparten algo. No noso traballo tomamos como referencia á familia, comunidade básica da que nacen as relacións interpersoais. Por iso, fundamentándonos na microsocioloxía mencionada por I.Joseph nos ocuparemos da interacción social que se dá en pequenas situacións da vida cotiá. Máis concretamente entre as xeracións dunha mesma familia.
Déixovos un ensaio onde se tratan as relacións entre socioloxía e comunicación e a continuación un artículo no que Giovanna Mazzotti fala sobre as distintas vertentes da Microsocioloxía.

http://www.ucasal.edu.ar/eucasa/documentos/comunicaciones_parcial.pdf
http://cuadrivio.net/2011/12/la-microsociologia-un-largo-tema/

Seijo Vigo, Laura 143. D02

Advertisements

Posted on 27 Febreiro, 2014, in Lecturas e filmes and tagged , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: