A privatización do aire
Non nos cobran por respirar… Aínda.
O aire como materia segue sendo de todos e para todos, tanto para coidalo como para consumilo. Agora ben, o aire como espazo delimítase e repártese mediante concesións estatais. No caso das ondas radiofónicas ten a súa parte de lóxica que isto sexa así, xa que se necesitan infraestruturas e tecnoloxía para producilas e dispersalas. Mais estas concesións adoitan estar ao servizo do binomio que domina a nosa sociedade. Esa dupla letal que tódolos políticos queren no seu equipo: (permítase o símil futboleiro) poder político e diñeiro.
Que oco lle reservamos entón a o xornalismo cidadán? Que oco deixamos á busca da verdade e da información sen ánimo de lucro, ou a darlle voz a quen non a ten? Ese oco é pequeno e está apartado, calado e o máis aillado posible. Moito máis se nos atopamos no contexto dun país autoritario onde hai unha realidade cruda que non interesa que saia á luz. Neste contexto: nos morros, nas favelas, no que aquí poderían ser as barriadas. Aí se desenvolve Radio Favela.
No caso particular de Radio Favela fixeron falla 20 anos na ilegalidade, resistíndose a ser limitada ao espazo dunha radio veciñal, para conseguir emitir con pleno dereito na frecuencia modulada.Para ver a función do terceiro sector da comunicación, os medios comunitarios, a cal difire dos medios públicos e privado deixo aquí un enlace interesante e outro para coñecer a historia da Radio Favela.
http://radiofavelafm.com.br/radio
Fernández Ferro 141 C03
Posted on 28 Febreiro, 2014, in Lecturas e filmes and tagged 141 C03, Adrián, fernandez, ferro. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0