A psicoloxía do retorno

Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.

 

(…)

A día de hoxe Galiza segue igual que cando Díaz Castro (a quen, por certo, se lle dedica o Día das Letras este ano) a comparou con Penélope, destecendo o que tece polo día. A diferenza está en que moita da xente que enchía os barcos e que el desexaba que volvesen, xa o fixeron. No ano 2006 falábase de que, nos últimos dez anos, retornaran á Galiza 105.567 persoas, o que supuña o 20’89% dos retornados a todo o estado.

O proceso de retorno sen embargo foi silandeiro, sen grandes aparición nos medios nin demasiadas análises ao respecto. No eido psicolóxico os efectos da emigración na poboación galega si foi estudada, destacando os traballos de Cabaleiro Goas (1986). Co proceso de retorno e consecuente adaptación non ocorreu o mesmo.

6. Eu non quería morrer alá, ¿sabe, miña mai

Un dos poucos traballos que se atopan é o libro “Psicopatoloxías do retorno” de Ramón Area Carracedo, que afonda nos problemas de incorporación á sociedade e en aspectos psicolóxicos que afectan ás persoas retornadas.

Este libro analiza o fenómeno, por exemplo, empregando termos psicanalíticos, co que poderíamos chamar o ideal do Eu de Freud. Segundo este, o individuo a medida que se vai desenvolvendo vai abandonado o seu narcisismo primario, desprazando este sobre un ideal. Este sería o ideal do Eu que se forma, non da imaxe dos pais, senón da imaxe do ideal do Eu dos pais, dos educadores ou doutros ideais colectivos. A tarefa do que Freud chama Supereu é similar á conciencia moral, consiste en observar ao Eu actual e comparalo co ideal do Eu. Se na comparación aparecen desfases entre ámbolos dous, o Supereu castiga ao Eu e aparece a culpa e o sentimento de inferioridade.

Para reflectir isto no retorno hai que considerar o momento de volver como un punto final, unha recapitulación e balance do conseguido. Neste momento o encargado de medir toma nota do proxecto final e avalía os resultados, impoñendo rendas e multas aos defraudadores. O Eu síntese entón odiado e perseguido polo Supereu, en lugar de sentirse amado por este. Porén, o Eu en lugar de defenderse confésase culpable e sométese ao castigo.

Ademais da analoxía co tema das pensións e, digamos, a parte máis material do retorno, hai outra faceta interna. E é a que deriva da expresión “facer as Américas”, a consideración de que os que volvían facíano cun traxe elegante e sobre un coche luxoso, véxase Armando de “Libro de familia”. Aqueles que non volvían así tiñan unha sensación de teren fracasado no seu proxecto e mesmo sentimento de inferioridade. De aquí derívase loxicamente a necesidade de comunicación entre eles, para tecer unha rede de apoio e para ver que os que volven en Mercedes son ben poucos.

Aquí vos quedan Mini e Mero cantando “Penélope”.

TUBÍO REY, OLAIA 143 C04

Advertisements

Posted on 28 Febreiro, 2014, in Posts individuais and tagged , . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. Como filla e neta de pais e avós exiliados, non podo falar da análise psicolóxica sobre a que comentas, pero si sobre as percepcións e tratos que recibiron. Na Franza un español era como agora un africano na España, pero sen disparos –diso encárganse máis os réximes fascistas-. Non sei se viches a política francesa Marie Le Pen en El Objetivo, pero esta é a súa opinión sobre a emigración, a representante dun partido político neonazi que está en auxe cubríndose cunha careta de discurso “moderado”.

    Pizarro Gómez, Selena 145 B02

    • O desta muller paréceme vergonzoso. Mais en tempo de crise sempre se recurre a este tipo de discursos. É máis fácil culpar a ese que vén de fora roubarche o traballo que ás propias políticas nefastas que empurraron ao paro a milleiros de persoas. Con todo, nunha cousa si ten razón, e é que seguro que todas estas persoas que desgarran as mans para cruzar unha fronteira preferirían poder traballar na súa terra. E que non poidan facelo derívase dunha política dos países occidentais que fomentou a súa dependencia en lugar do seu desenvolvemento.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: