Alimentamos mal ao mundo
OGM, organismos xeneticamente modificados, unha dos descubrimentos máis importantes nos últimos tempos. A solución para conseguir unha maior cantidade de alimentos coa menor inversión posible. O negocio perfecto para uns cuantos afortunados, como Peter Brabeck-Letmathe (antigo director executivo do Grupo Nestlé), que se encheron os bolsillos, e ségueno facendo, de feixes de billetes a costa da explotación non so dos seus traballadores senon tamén da natureza.
Non serei o maior ecoloxista no mundo pero onde estean unhas patacas da casa ou uns ovos das galiñas de Dolores que se quiten os títeres estes que se andan a forrar. Apostaría a que Letmathe non probou na vida unha tortilla con ovos da casa senón creo que o negocio que tiña non lle faría tanta graza.
E non lle voto a culpa eles, porque o final o único que buscan é o seu beneficio. Son empresarios, e coma todos o que intentan e sacarlle o máximo proveito ao seu negocio. O problema esta nos dirixentes dos países que se deixan convencer para que estas empresas traballen as terras dos seus habitantes sen pensar nas consecuencias que isto carrexa.
É o máis repugnante é que está demostrado que os alimentos modificados xeneticamente producen riscos maiores para a saúde. É non se fai nada para palialo. A calidade da alimentación das persoas descende a pasos axigantados. Deixo aquí dous blogs interesantes onde explica os riscos que xeran estes alimentos:
http://blog.productosecologicossinintermediarios.es/ // http://www.ehowenespanol.com/
É difícil relacionar un tema como a comida co noso traballo pero penso que a clave está na explotación que provoca a veces que se lle deixen aos empresarios gobernar todo. Vendo como se organiza unha peña de fútbol na que todos son parte activa e se organizan entre eles, ábreme os ollos e mostra que moitas veces non fai falla ningún líder que explote ao resto, so se necesita que cada un faga o que lle toca.
No lado oposto está a Liga de fútbol e a repartición dos dereitos aos equipos de fútbol. Estase dinamitando unha Liga a cambio de que os dous grandes equipos, os que sempre foron a referencia, sexan os mellores de Europa e representen no mundo ao noso país. É normal que teñan privilexios pero a situación a veces chega a un punto que pode provocar que se lle desmonte o tinglado a algún listillo que está sacando forrándose por detrás.
Para terminar solo contar unha cousa. Como xa o dicía Gabinete Caligari, “la culpa fue del cha cha cha”
FERNÁNDEZ OJEA, BRAIS 141 C04
Posted on 28 Febreiro, 2014, in Lecturas e filmes and tagged 141 C04, Fernández Ojea, we feed the world. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0