Comunidades xerativas imprescindibles

Rodeados de violencia, inmersos na hostilidade, bailamos ao ritmo que outros nos marcan. Convertémonos en comunidades negativas sen nada ou pouco que aportar á sociedade. Deixamos que unha “elite” exerza a violencia sobre nós baixo as ordes do liberalismo máis salvaxe. Unha violencia que non só é física, senón tamén institucional, económica e mediática. Violencia que, exercida ao longo do tempo, remata por naturalizar o control social, perpetuado co único obxectivo de manter o status quo das forzas hexemónicas.

Minorías contra-hexemónicas

Porén, hai pequenos indicios de cambio social. Diso é do que fala o texto de Raquel Paiva: dunhas minorías contra-hexemónicas capaces de producir e promover renovadas formas de acción social, acompañadas por anovadas maneiras de relacionarse co mundo, sen esquecer a relevancia, que na actualidade, teñen os media en toda mediación social. E é neste aspecto no que quizais radica un dos principais erros destes grupos: a busca do mediático. Moitas das súas accións son actuacións puramente mediáticas, ás veces, sen transfundo político algún. Minorías flutuantes que duran o que dura o acontecemento mediático. Exemplo de “minoría flutuante” ben podería ser FEMEN, organización con moi pouca actividade salvo pequenos e determinados actos públicos controvertidos, xeradores de gran polémica mais cun escaso background político e ideolóxico.

As comunidades xerativas son imprescindibles porque exaltan valores tan elementais como a cooperación, a solidariedade, a tolerancia, a fraternidade, a amizade, a xenerosidade e tamén a docilidade, a reacción máis rabiosa contra esta sociedade violenta. Raquel Paiva tamén fala no texto da caridade. Porén, este termo debería ser substituído por humanidade, ao meu parecer un concepto máis acaído. As comunidades xerativas tamén son imprescindibles porque pulan por unha sociedade libre, creando novos xeitos de convivir en comunidade.

Pardo Abuín, Xoana    142.A03

Advertisements

Posted on 28 Febreiro, 2014, in Lecturas e filmes and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: