O sentido común non significa nada
Creo convinte advertir que “sentido común” non significa máis que adoptar a percepción da realidade e o xeito de actuar da gran masa.
Se ben é certo que hai uns xeitos de reaccionar lóxicos a certas situacións que todos aceptamos como poñerse ao abrigo cando chove, o sentido común non é máis que a corrente típica de actuación dunha sociedade nun lugar e época delimitados. O sentido común ten unha relación de débeda coa cultura e a relixión. Para exemplificar a miña reflexión do xeito máis intuitivo posible direi que nunha sociedade teocéntrica como a que dominou Europa durante moitos séculos, o procedemento lóxico para evitar desgracias era a oración. Rezar era, polo tanto, de sentido común. O sentido común depende absolutamente do contexto e, en moitas ocasións, unha actuación contraria a este pode ser unha insensatez ou o inicio dun cambio de mentalidade global.
O sentido común é unha convicción. As conviccións son clavos ardendo aos que nos aferramos sen plantexarnos por que. As conviccións evitan un procedemento reflexivo e fannos máis predecibles e maleables. As conviccións véndannos os ollos e átannos as mans.
Fernández Ferro 141 C03
Posted on 28 Febreiro, 2014, in Lecturas e filmes and tagged 141 C03, Adrián, Fernández Ferro. Bookmark the permalink. 1 comentario.
A xente actúa baixo esas conviccións como as que ti mencionas porque digamos que é a maneira de actuar ben. E como mencionas no teu post o da aceptación do abrigo cando chove, penso que si o normal fose andar sen abrigo cando chove todos andarían así, porque digamos que o que está establecido na sociedade como actuar correctamente. Con isto pretendo dicir que estou de acordo coa túa definición de sentido común.
Baldomir Puga, Noelia 141 A01