O xornalismo nun goberno de caudillos

O texto de Jay Rosen, Tornar a vida pública máis pública: sobre a responsabilidade política dos intelectuais dos medios, permítenos reflexionar sobre esta profesión. Estamos acostumados a escoitar de todo sobre o xornalismo. Considerábase a cuarto poder, unha profesión respetada entre os intelectuais, máis agora está a agonizar. Probablemente esgotou a súa humildade. Abusou do seu poder de información. Decidiu posicionarse na cúspide da pirámide, que neste caso non era invertida. Alén disto, tamén deberíase ter en conta que non sempre foi o medio o que asumiu o seu rol ao lado da lacra política. As veces, tamén era vítima. Vítima do silencio.

rajoy-gran-dictador

Pretendo con todo isto entender, que o “jornalismo público” que reclama o autor – esa utopía da que todos falan como unha necesidade – non puido chegar moitas veces, pola censura. Así como os inmigrantes tentan cruzar a fronteira ameazados polas balas da Guardia Civil baixo a orde deste goberno de caudillos, o xornalismo sempre tentou cruzar a fronteira da liberdade de expresión ameazado polas ferramentas de censura, da casta política e económica. Debemos “recuperar a vida pública e apoiar uma democracia viva”. Este oficio non ten cabida noutro sistema que non sexan unha democracia participativa, en tódolos demáis recantos será propaganda e non xornalismo.

“O problema real do jornalismo e que o termo que o fundamenta – o público – foi dissolvido, dissolvido em parte pelo jornalismo. O jornalismo só faz sentido em relação com o público e com a vida pública. Por consequência, o problema fundamental do jornalismo é reconstruir o público, trazê-lo de volta à vida. Como é que vamos fazer?”, Carey.

Lendo este pequeno fragmento do texto, lembreime ao instante do proxecto no que estamos a traballar sobre a minaría de Corcoesto. La Voz de la Mina é un blogue en contra da minaría no que se destapa a manipulación do xornal La Voz de Galicia e outros medios da mesma liña editorial, aquí vos deixo o vínculo: http://lavozdelamina.blogspot.com.es/. Estos medios coaccionados – ou manifestos políticos do señor Feijoo- demostran todo o contrario do que implica ese “jornalismo público” que sabe tan ben.

No próximo post grupal, contaremos con detalles a nosa visita ao pobo dourado. Máis, adiantar en relación coa temática do texto, que falando coa xente a maioría estaban a favor. Por que? Porque da traballo. Eu preguntábame se conhecían o gran impacto ambiental que isto podería provocar – como o do Monte Neme, recentemente-. Pero ninguén o sabía, ou simplesmente non o entendían. Con todo isto quero dicir, que aquí é onde o xornalismo debería facer a súa labor. Informar as persoas involucradas nun conflito, pero sen tecnicismos nin palabrería. O pobo estivo totalmente manipulado por unha maraña de promesas da empresa Edgewater, que pasou por alto un aspecto importante como é a saude do medio ambiente. Porén, as charlas que se fixeron en contra da minaría non eran tan complicadas de entender. Igual confúndome, e resulta que a xente non entende a longo prazo, a xente é egoísta e opta polos cartos.

Pizarro Gómez, Selena 145 B02

Advertisements

Posted on 28 Febreiro, 2014, in Lecturas e filmes and tagged , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. Este post foi entregado fóra de prazo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: