Os “nadies”, fillos do neoliberalismo

Compañeiras, heivos dicir que na visualización do documental “La dignidad de los nadies” sufrín algún que outro lapsus. Heivos dicir que nalgún momentos non sabía se me estaban a falar de Arxentina no ano 2001 ou do Estado español no ano 2014. Privatización da sanidade, rescates bancarios, ordes do FMI, 25% de persoas en paro… A ninguén máis se lle fai familiar isto? A que se debe tanta semellanza? Pois a que son DERIVACIÓNS NECESARIAS DO SISTEMA NEOLIBERAL.

reinvidica-7

E que é o que máis desexaría este sistema criminal? Que as persoas que expulsa estean marxinadas, relegadas á súa miseria, sen ver que a súa miseria é a de todos e que xuntos teñen forza. Quere a incomunicación. E cal é a mellor forma de incomunicar? Os medios de comunicación, fieis escravos do poder.

“Nosotros vivimos una época de resignación y derrota; el postmodernismo y el neoliberalismo nos inculcaron que no era posible otro camino. Todo ello a través de los medios de comunicación de masas, la verdadera brigada de choque, el bombardeo incesante de ese ejército de comunicadores, periodistas, empresarios, que desde los programas o los noticieros nos enseñaron el camino de la explotación salvaje de los unos contra los otros, o de la servidumbre frente al imperialismo dominante y del desprecio por los valores nacionales; desprecio por la historia, la memoria” – Pino Solanas

Cando hai  milleiros de “nadies” dispersos, fillos do sistema, ninguén os ve. Todos sentimos moita mágoa cando vemos a unha muller sentada na rúa con rostro de desesperanza agardando os dez céntimos que che sobraron do pan, mais a mágoa vaise e a muller sigue alí. En cambio, unidas son unha arma que apunta cara o cambio, como o eran os piqueteros arxentinos.

O documental está cargado destes exemplos, mais non é preciso acudir a el para sabelo. Temos moitos exemplos ao noso arredor, os logros da PAH son un gran exemplo de unión e loita ou os veciños de Sarria que se encadearon ás árbores recentemente. O colectivo co que nós estamos a traballar tamén se dou conta disto, decatáronse de que 18 asociacións de emigrantes retornados que loitan polos seus dereitos son máis fortes xuntando as súas forzas e coordinándose. Aínda así, en moitos aspectos, aínda non somos conscientes da necesidade da nosa unión ou da de loitar.

Cando nunha sociedade hai “nadies”, todos somos “nadies”. Cando vivimos nun sistema no que tantas persoas nacen coa fame baixo do brazo, todos somos “nadies”. Somos “nadies” por ter todos a nosa pequena pobreza, a nosa revolución pendente para loitar polos nosos dereitos, pero sobre todo sómolo (ou debéramos selo) por solidariedade. Pola mesma pola que debéramos de combater ao lado de quen máis padece estas inxustizas.

Déixovos as palabras de Eduardo Galeano en forma de pequenos relatos para estas vacacións de carnavais:

http://www.pagina12.com.ar/2001/01-12/01-12-30/contrata.htm

E un vídeo no que fala deses “nadies” de forma moito máis bonita do que eu o fago:

Boas vacacións e, xa sabedes, comuniquémonos e loitemos.

TUBÍO REY, OLAIA 143 C04

Advertisements

Posted on 28 Febreiro, 2014, in Lecturas e filmes and tagged , , . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. Creo que has dado en el clavo. La unión hace la fuerza. Una de las fases que se producen en el proceso de relación entre comunidad y comunicación es el de la institucionalización. Para mí, insitucionalizar algo es sinónimo de formalizarlo. Unirnos para formalizar una lucha, para reivindicar nuestros derechos es algo intrínseco al ser humano. Aunque a veces muchos lo olviden y lo dejen relegado en un segundo plano porque “ya habrá alguien que proteste”. Esa comodidad no es más que una auténtica lacra.

    OCA DOMÍNGUEZ, ANDREA 142.EO2

    • Tes razón, con frecuencia delegamos a responsabilidade de mudar as cousas en “alguén” en lugar de en nós mesmos.O que dis de institucionalizar, si, é certo, mais creo que neste momento as estruturas tradicionais de institucións se están a ver sobrepasadas, de aí que aparezan novos conceptos como as asambleas abertas e demais, que están na búsqueda de novas fórmulas. Isto nace dunha crise xeral do sistema que se extende a todas as ramas e que impulsa a buscar novos xeitos de organización.
      TUBÍO REY, OLAIA 143 C04

  1. Pingback: Analizando el trabajo en equipo: memorias posts 142.E00 | Común (e persoal)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: