Só entre a multitude

Paris la Tour Eiffel de Louis Hayet

As persoas temos a necesidade de acompañarnos mutuamente. O illamento remata por voltarnos tolos, encérranos en nós mesmos e fainos alleos ás demáis persoas do mundo. Dende sempre o único xeito de illarse foi a soidade física, mais dende o crecemento das cidades a multitude virase un espazo no que todo é alleo, chegando á sensación de estar só entre un montón de xente.

Resulta curiosa a actuación das persoas nas urbes. Nas conglomeradas rúas crúzanse sen descanso milleiros de persoas coas mesmas necesidades, coas mesma inquietudes e, moitas veces, coas mesmas ganas de falar entre sí. Mais a maior parte das veces na multitude só se experimenta a soidade, acrecentada aínda máis polo feito de achar esta sensación contradictoria. A soidade en solitario é difícil de levar, a soidade rodeado de xente produce contrariedade e malestar por non conseguir saír dela tendo a posibilidade.

Por outra banda a multitude danos a oportunidade de ser anónimos, de camuflarnos. Deste xeito podemos actuar como queiramos sen apenas chamar a atención. Podemos, tamén, introducirnos na masa e analizar os comportamentos individuais mentres somos, simplemente unha peza máis dun puzzle.

A multitude réstanos identidade e, dese xeito, humanidade e convértenos en grans de area nun inmenso deserto. A multitude fainos deixar de ser seres que se relacionan. A multitude convírtenos no “flâneur”.

Fernández Ferro 141 C03

Posted on 28 Febreiro, 2014, in Lecturas e filmes and tagged , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. “A soidade rodeado de xente produce contrariedade e malestar por non conseguir saír dela tendo a posibilidade”. Es cierto, en ocasiones. Pero no hay que olvidar que, como dices, la multitud reporta libertad. En la gran mayoría de los posts se habla de la necesidad de comunicarse con los demás, de lo terrible que es la multitud en la que el individuo se pierde; pero nadie habla de la necesidad de no comunicarse. Se defienden posturas de relación a escala masiva cuando, creo, nadie querría ser conocido por toda su ciudad. Más bien, “la relación con toda la multitud produce agobio y malestar por no conseguir salir de ella teniendo la posibilidad”

    PARDO CREGO, ALICIA 142.A04

    • É certo o que dis. Os momentos de soidade son necesarios e o feito de gozar do anonimato nas cidades permítenos, se cadra, ser un pouco máis nós mesmos e olvidarnos tamén do que dirán. Esa é a razón de que a multitude reporte liberdade. Pero tamén é certo que a soidade na multitude nin é completa nin adoita a ser escollida, exceptuando momentos de soidade puntuais.

      Fernández Ferro, Adrián 141 C03

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: