Tinta amarela

Mentres estamos na universidade todos imaxinamos o día no que empezaremos as nosas prácticas. Algúns soñan con que lle contrate o xornal nacional afín a súa ideoloxía. Pero, e se nos ocurrise o mesmo que ao protagonista? E se es un radical comunista e che asignan La Razón? Unha vez Nacho Mirás díxome que se iso me pasaba pode que “teñas que tragar tantos sapos que colapses”. Nunca o esquecín, probablemente porque son consciente da realidade desa frase. Dende que entramos na universidade falan do sensacionalismo coma se fose o cancro do xornalismo, cando enrealidade, fóra máis noticias das que pensamos están escritas con tinta amarela. O ruido sempre distorsionou as historias, pero as veces somos os propios lectores os que o alimentamos. Moitos pecan de “morbosos”.

larazon

Un exemplo claro desta lacra de xornalismo sería o tratamento dos medios nos días posteriores ao atentado do 11M. Nese intre os xornais comezaron a tolear. Sen ir máis lonxe El País publicou a velocidade da luz que ETA era o responsábel da masacre –acabou disculpándose polo seu erro-. Unha autoría que utilizaron outros medios. Mentira tras mentira, por culpa dunhas eleccións que se asomaban nun recanto fronte centos de vítimas interesadas en coñecer a verdade e o por que do sucedido. Unha vez máis a política empregou á prensa en nome dos seus intereses. Asemade, as informacións que se difundiron polo país foron completamente macabras. Dende artigos nos que se enumeran o nome e apelidos dos falecidos até imáxenes completamente tétricas. Defendamos a liberdade de expresión, pero tamén defendamos o respeto ao dolor! Os xornais vestíronse de cadáveres, persoas destrozadas entre os vagóns e sangue nas vías. Vilches consideraba:

“A foto de prensa en maior grao que o texto escrito aparece cunha tremenda forza de obxetividad. Se unha información escrita pode omitir ou deformar a verdade dun feito, a foto aparece como o testimonio fidedigno e transparente do acontecimiento ou do xesto dun personaxe público. Demostraremos que isto non é así por múltiples razóns”.

É evidente que cando ten lugar un atentado os documentos audiovisuais van ser os peores, os máis desagradábeis, que temos que aceptar porque é a realidad. Pero antes da publicación de certas imaxes deberiase ter en conta o seu valor informativo, o interese xeral. A liña entre o bo xornalismo e o sensacionalismo é estreita, separados pola ética. A ética precisamente adoitámos estudala na maioría das materias. É curioso coma memorizamos palabras durante catro anos para vamotilas nunha folla pouco a pouco, todo para darnos de conta que “o xornalismo igual que a prostitución apréndese na rúa”.

 

Pizarro Gómez, Selena 145 B02

Posted on 28 Febreiro, 2014, in Lecturas e filmes and tagged , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: