Centos de persoas unidas por un mesmo destino

IMG-20140225-WA0028

Cúmprense semana e media da viaxe que tiven o pracer de realizar coa peña santiaguesa Merlegos Celestes. Unha viaxe que supoña o noso primeiro gran contacto con este tipo de asociacións, así que atopábame nervioso ante a inquedanza polo que puidera pasar nas próximas horas xuntos a aqueles descoñecidos.

Serían as tres da tarde cando chegamos ao bar dos Merlegos, lugar de encontro desta peña, e onde o seu presidente nos dixera que asistiramos para acompañalos na súa viaxe en bus a Balaídos. Alí, un pouco tímidos, o presidente Miguel presentounos a Xoán, a persoa que se encargaba de realizar este tipo de traxectos, non por satisfacción, que tamén, senón porque se lle encargou esa faceta por sorteo.

N0 bus, subvencionado polo Celta, non viaxan só os Merlegos senón que o fan dúas peñas máis, Norte Celeste e Milladoiro. Aínda así, estes últimos, viaxaban desta vez noutro autocar, pagado entre todos, debido a gran cantidade de xente que viña dende o Norte.

Unha vez subidos ao bus a cousa cambiou. Xoán presentounos aos compañeiros da peña coma os periodistas, tratounos coma uns profesionais, pero sobre todo sabía facer que nos sentísemos cómodos dentro dun grupo de estraños.

Polo tanto e despois do aplauso que nos deron no bus comezou a travesía. Guiados por un pícaro rapaciño que destapaba todos os trapos sucios dos alí presentes e que ademais era o que se mostraba máis interesado polo traballo que andábamos a realizar, emprendemos rumbo Balaídos.

No traxecto, que durou unha hora, deunos tempo a coñecer como organizan as viaxes, que supón para cada un a presenza nesa peña, as pachangas que votan entre elas, e como dato curioso coñecemos o absoluto secretismo no que viven os membros de Norte Celeste, ante os posibles ataques de radicais deportivistas.

Unha vez chegados a Vigo acudimos ao bar Movie, sede doutra peña céltica, os Carcamans Celestes. Alí reúnense diversas destas asociacións para relacionarse e comentar a previa do partido, compartindo unhas cervexas e uns pinchos. Nese lugar Xoán presentounos a moita xente e permitiunos contactos que nos servirán de moita axuda para próximas historias, como por exemplo, a presentación do libro de Jacobo Buceta que se realizará na sede da Peña Milladoiro.

Unha vez desenvoltos entre tanto celtista acudimos ao Estadio cos Merlegos e poidemos vivir un gran partido con estes intrépidos personaxes. Pena o resultado de empate a un gol.

 FERNÁNDEZ OJEA, BRAIS 141 C04

Advertisements

Posted on 4 Marzo, 2014, in Posts individuais and tagged , , , . Bookmark the permalink. 5 Comentarios.

  1. Sobra decir que no soy una gran entendida del fútbol, sin embargo veo que vuestro trabajo nos brinda a todos una oportunidad para ver de cerca el sentimiento futbolístico y llegar a entender a cada una de las peñas, tan diferentes e iguales a su vez en la importancia que le dan a este deporte dentro de sus vidas.
    En mi opinión este es un deporte que brinda algunos de los valores de comunidad que muchos deberíamos de tener como ciudadanos pero que también usan para tener al pueblo dormido ante situaciones como la de la actual crisis desviando la atención de todos aquellos que se dejan llevar por una pasión.
    Dicho esto, me gustaría que en alguno de vuestros post expusierais las distintas formas de las peñas de tratar el fútbol, su equipo y la violencia que llevan a cabo los que dicen “sentir más cercano el sentimiento que les mueve su equipo”.

    Ah, reivindicad ahí que se cambien las instalaciones de nuestro querido estadio de Balaídos del RCCV antes de que ocurra una desgracia.

    Rodríguez Bello, Cora 143 C02

    • A peña Merlegos é unha peña moi familiar así que non existen actos violentos polo seu equipo. Si hai típicas reaccións cando marca o equipo rival como poidemos apreciar no Estadio, pero nada fora do normal. Para ver actos violentos deberíamos falar con grupos radicais coma os Celtarras, pero este non é o noso obxectivo nin desexo.

      • A peña Merlegos é unha peña moi familiar así que non existen actos violentos polo seu equipo. Si hai típicas reaccións cando marca o equipo rival como poidemos apreciar no Estadio, pero nada fora do normal. Para ver actos violentos deberíamos falar con grupos radicais coma os Celtarras, pero este non é o noso obxectivo nin desexo.

        FERNANDEZ OJEA, BRAIS 141 C04

  2. Da gusto ver la manera en la que os han recibido. A la vez, es triste el secretismo por parte de Norte Celeste y creo que es una de las cosas más horribles que han surgido a través de los deportes: la violencia. Os voy a dejar una película ambientada en Inglaterra(Green Street Hooligans) que trata sobre este aspecto tan lamentable como es el uso de la violencia por motivos deportivos: http://www.youtube.com/watch?v=K1LFtVp862Q

    De todas formas y sin pretender desviarme del tema, me gusta que hagáis vuestro seguimiento de algo así, tenéis muchas papeletas para destacar con vuestro trabajo, así que adelante y enhorabuena por haber podido viajar con esas peñas del Celta. Saludos cordiales.

    MONTERO CASTRO, PABLO 142 B02

    • Tiven o placer de ver esa película e creo que se queda moi ben reflexado a violencia que existía no fútbol. Na actualidade, non é tan importante aínda que algunha vez si se ven actos desagradeables, como puido ser o enfrontamento entre os Riazor Blues e Ultra Boys na Coruña fai dúas semanas.

      Por outro lado, se che interesa este tema recomendoche ver o programa de Tv “Football Hooligans International”. Nel analízanse os grupos ultras de diferentes países.

      FERNANDEZ OJEA, BRAIS 141 C04

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: