As historias detrás da emigración

unnamed

Despois de varios días traballando coas paltaformas de emigrantes retornados, a compilación de historias persoais crece cada vez máis rápido. Por iso, quería centrar este post nun importante aspecto da emigración: as causas. A emigración é sempre un recurso extremo para escapar da miseria ou de situacións inxustas. Ninguén emigra por pracer, senón na procura dunha mellor calidade de vida, acorde coas súas expectativas. Por iso, todos estes emigrantes que xa están de volta en Galicia insisten en que eles se sinten traizoados polo seu país, por esa patria que os fixo primeiro emigrar e despois, unha vez de volta, lles rouba.

Neste mes e pouco coñecín persoas de toda Galicia, pero onte, na manifestación de A Coruña, quedeime cunha testemuña moi particular. Estaba a cubrir a manifestación, grabando vídeos e sacando fotos, cando un home veu preto de min e comezou a falarme: “Sacádenos ben, non digades mentiras que non o merecemos”. Despois diso, sen terllo eu pedido, contoume a súa historia. Os 24 anos que pasara en Suíza sen ver a súa muller máis ca unhas poucas veces e perdendo a infancia da súa filla. É unha historia triste e dura, pero hai centos máis así. De todos xeitos, impactoume esa necesidade de queixa, de protesta porque o afecto que el profesa polo seu país non é mutuo. Ninguén lle agradece que, coa vida arreglada alén os Alpes, voltara de novo á súa terra.

Manipulados en xogos políticos e económicos, os cidadáns non somos máis ca meras comparsas, utilizadas por entes con máis poder ca o noso para os seus fins. Para rematar, quería compartir un par de post do blog do escritor e profesor Ernesto Filardi, colaborador habitual en diversos medios online. Despois de ser despedido e ser incapaz de atopar traballo en España pese a ter dúas carreiras e un doctorado, decidiu emigrar a Canadá coa súa familia. Aquí e aquí conta as súas vivencias, o seu desapego do Estado, as causas da súa marcha, etc. dun xeito maxistral.

Ramos Cernadas, Francisco Javier 143 C01

Posted on 6 Marzo, 2014, in Posts individuais and tagged , . Bookmark the permalink. 11 Comentarios.

  1. Muy buen tema, a veces olvidamos que nosotros fuimos emigrantes, y lo que es peor, olvidamos que los seguimos siendo, Es triste pensar que en dos años nosotros tendremos que hacer lo mismo, pero sería más triste vernos en 30 años queriendo volver a casa y encontrarnos rechazados. Tenemos por delante el deber de cambiar el rechazo a unas generaciones que solo luchan por una vida mejor.

    141 B02 Añón Gándara, Amara

    • Muchas de las personas con las que hemos hablado señalan que se han sentido mucho más extranjeros aquí en Galicia que en sus respectivos países de acogida. Da que reflexionar este tipo de declaraciones.

      Ramos Cernadas, Francisco Javier 143 C01

  2. Por desgracia, os galegos fomos e somos emigrantes. E o que é peor, seguirémolo sendo se a situación non cambia a mellor. Pero despois aínda hai que oír o de que non é emigración, senón ”turismo”. Como se un se marchase a outro país a traballar deslomándose e cobrando catro duro por puro pracer. Parece que aínda fan burla dun con esa clase de comentarios. Espero que esta xente consiga o que reclama. O que é seu. E que perciban certo cariño por parte da súa terra.

    Rial Maneiro, Ana 143 B03

    • Xa non é que se burlen dun cando se ve na obriga de marchar, senón que o critiquen tachándoo de “pretencioso” ou “ambicioso”, cando en realidade o único que se pretende é conseguir unha vida digna. Lamentablemente, a envexa ou os celos van intrínsecos na condición humana.

      Ramos Cernadas, Francisco Javier 143 C01

  3. Para a clase política os emigrantes son relativos. Explícome son nobres os que marchan de aquí, son invasores os que veñen. Son menos paro os que se van e son máis paro os que entran, aínda que fai uns anos, cando había traballo, eran máis contribuíntes que nos pagaban as pensións (xa que os inmigrantes veñen en idade de traballar). E tamén son relativos porque poden ser votantes ou non selo segundo o que vaian votar claro está. Os emigrantes/inmigrantes son números cos que xogar para gañar eleccións.

  4. Para a clase política os emigrantes son relativos. Explícome son nobres os que marchan de aquí, son invasores os que veñen. Son menos paro os que se van e son máis paro os que entran, aínda que fai uns anos, cando había traballo, eran máis contribuíntes que nos pagaban as pensións (xa que os inmigrantes veñen en idade de traballar). E tamén son relativos porque poden ser votantes ou non selo segundo o que vaian votar claro está. Os emigrantes/inmigrantes son números cos que xogar para gañar eleccións.
    Fernández Ferro, Adrián 141 C03

    • Segundo a época cambia o valor das persoas, como ti ben dis. Cando había feixes de billetes que contar e a taxa de natalidade era baixa, as regulacións masivas estaban á orde do día e que bonito e xeneroso era o noso país. Agora, mentres que en África seguen coma sempre, aquí vémoslle as orellas ao lobo e nin en pintura os poderes fácticos queren inmigrantes que lles afeen as estadísticas. O problema é que somos fáciles de manipular e mentres teñamos o peto cheo, a xustiza social impórtanos menos ca máis.

      Ramos Cernadas, Francisco Javier 143 C01

  5. Os emigrantes son especias. Son persoas que, con toda a dor do mundo, deixan as súas familias e marchan lonxe para poder alimentalas. Economicamente, para eles a marcha é beneficiosa, pero máis o é para o Estado, ese que case os forza a buscarse a vida fóra, porque coa emigración consegue redudir, por exemplo, as taxas de paro. Non obstante, o que máis beneficia ao Estado son as divisas que eses emigrantes mandan para manter as familias, pero que non moitos parecen recordar. No caso dos galegos, máis que soster a familia, os emigrantes sostiveron, e sosteñen, a toda Galicia. Pero todo ese esforzo, en vez de ser recompensado, agrándase cando os emigrantes retornan, os impostos que xa pagaran no país no que traballaron non son suficientes, agora teñen que volver pagar simplemente porque ese Estado que non lles axudou antes agora necesita cartos. Eu, máis por motivos sentimentais que económicos, pagaríalles a eles por teren axudado tanto. Para que volven á súa terra os emigrantes? Para seguir mantendo aos que lles quitaron tempo cos seus fillos. E por que teñene que pagar eles e non os que si rouban de verdade? Porque é máis fácil manter atado e caladiño a un can vello que a un cachorro. Bravo polos retornados que seguen a loitar polo seu futuro, cando xa perderon o pasado.

    GUIANCE PIÑEIRO, HENAR 142.C05

    • Tampouco é cuestión de andar regalando os cartos de todos. Está ben que os emigrantes retornen (máis dun arrepíntese de pensar só na súa volta e non en facer a vida fóra), e é de agradecer todo o que envían e enviaron aquí. No século XX, abondan exemplos de edificios feitos en Galicia (escolas, hospitais…) con cartos provintes de doazóns privadas de emigrantes. Mais hai que ter en conta que mentres eles estaban fóra, foron outros os que loitaron por sacar o país adiante. O que reclaman estes emigrantes agora non son privilexios nin loubanzas, senón xustiza. Xustiza ante os ataques dun Estado inclemente cos seus cidadáns de a pé e piadoso cos poderosos. Iso é o que fai digna esta causa e polo que merece que se lle dea voz.

      Ramos Cernadas, Francisco Javier 143 C01

  6. O avó da miña avoa pasou moito tempo en Arxentina, tivera que emigrar. Non por motivos económicos, senon políticos. Ela sempre di que o que lle daba máis pena era que non puidese volver aída que tiña os cartos para facelo.
    Cincuenta anos despois, parece mentira pero a situación non variou tanto. Seguimos tendo que marchar. Agora se temos os cartos, en principio sí que podemos volver. Pero para qué? O goberno, o Estado dalles a espalda, quítalles os cartos.
    Marchan coa esperanza de volver, e atópanse á volta cun país que non os quere.
    MACÍAS TARRÍO, ROSALÍA 142.D04

    • A de gran parte destes emigrantes é unha historia de amor non correspondido. Amor a unha terra e a unha nación (ao Estado español xa non tanto) que non se ve correspondido por culpa do vil metal. E como as penas do corazón son as que máis doen e as que máis costa superar, moitos cren que merecen loitar por acadar a xustiza, cando ben poderían ter ido a algún lugar onde os acollesen mellor.

      Ramos Cernadas, Francisco Javier 143 C01

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: