Un xornalismo de minorías

O baleiro do xornalismo científico (Foto Propia realizada no laboratorio do Señor Carracedo)

O baleiro do xornalismo científico (Foto Propia/ laboratorio do Señor Carracedo)

A pasada semana visitabamos o reitorado da Universidade de Compostela co fin de entrevistar a Roberto Castro. Acudiamos a este xornalista do gabinete de comunicación da USC cun doble obxectivo: comprobar se realmente o xornalismo científico era un xornalismo de minorías e coñecer o seu punto de vista acerca das deficiencias comunicativas que nos sinalaba o Profesor Carracedo dúas semanas antes.

O resultado foi satisfactorio xa que ambas premisas foron corroboradas. En verdade, o panorama do xornalismo científico en Galicia é gris, moi gris. Soamente existen dous profesionais especializados na materia, un na axencia EFE e outro do que xa falamos con anterioridade (Raúl Romar, de La Voz de Galicia). Ademais, outros xornais coma El Correo Gallego contan cun apartado de ciencia nas súas páxinas, porén non é realizado por expertos no tema.

Por outra banda, interrogamos a Roberto Castro para descubrir se realmente existía esa falla de filtros á hora de publicar noticias, que nos referenciou Carracedo na visita ao seu laboratorio. O xornalista deunos unha explicación coherente a este respecto, comentándonos que soamente son catro profesionais entre Lugo e Santiago (un está de baixa na actualidade) para atender as necesidades de máis dun milleiro de investigadores da universidade. Tamén deslizou que non podían chegar a certos grupos, co cal queda claro que a política comunicativa deste ente non é de todo axeitada, a pesar de que segundo Castro, todos os que se poñen en contacto con eles soen repetir a experiencia porque quedan satisfeitos.

Con esta pequena base, xa temos pé para continuar investigando e propoñer solucións a estes erros que se producen na comunicación e que imos descubrindo polo camiño. Nos próximos días esperamos entrevistar ao Profesor Bermejo, da Facultade de Historia (agardamos a súa resposta ao correo que lle mandamos), falar cun dos dous xornalistas científicos sinalados así como volver a contactar con Ángel Carracedo .

Deixarémosvos en breves no Canal BCP a entrevista con Roberto Castro, por se é do voso interese. Consideramos que fai unha curiosa aportación sobre certas problemáticas culturais na actualidade. Xa nos contaredes. Ademais, aquí tedes unha gran tese sobre “El periodismo científico en  prensa diaria” ftp://tesis.bbtk.ull.es/ccssyhum/cs80.pdf . A ver que vos parece.

141 D00

Carreira Salgueiros Clara 141 D01

Díaz Martínez Diego 141 D02

Espiñeira Forcada Andrea 141 D03

Estévez Ingelmo Álvaro 141 D04

Advertisements

Posted on 6 Marzo, 2014, in Posts grupais and tagged . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. Como pronto empezaremos a colaborar, creía necesario comentaros.
    Veo muy apropiado que contactaseis con alguien del gabinete de comunicación de la USC para que os explicase vuestras dudas. Por desgracia, creo que se ve muy bien en los periódicos como muchas veces los artículos científicos están redactados de una forma más densa que no atrae a lectores potenciales. También creo que está provocado porque los propios científicos usan un lenguaje muy técnico, con muchas subordinadas, y también que es cómo están ellos acostumbrados a comunicar, y piensan que de esa manera se comunican a la perfección.
    En este aspecto creo que la figura del periodista científico sería una buena opción que explorar, un buen comunicador que lleve esa sección en los medios.

    Saavedra Nieto, Natalia 143 A03

  2. “También creo que está provocado porque los propios científicos usan un lenguaje muy técnico, con muchas subordinadas, y también que es cómo están ellos acostumbrados a comunicar, y piensan que de esa manera se comunican a la perfección”. Ese é un dos erros porén non o único.

  3. Díaz Martínez, Diego, 141D02

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: