Cando non quedan palabras

Levo máis dunha semana pensando no tema deste post, e segue sen ocorrérseme nada que non sexa pura palla sen utilidade algunha para a materia. O motivo de que non teñamos contidos novos que tratar moitos xa o saberedes, porque xa no seu momento Alicia, Cintia, María e Xoana o explicaron nas súas respectivas entradas.

Elas empregaron as palabras. Esgotado este recurso, eu vou empregar algo un pouco máis visual. Velaquí tedes o resultado dos nosos problemas de comunicación coa Central Folque:

-.-

Até o de agora asemella que nós, máis que estudar a comunicación dentro da asociación, estamos aprendendo en que situacións esta comunidade de músicos amosa unha mala comunicación, entre eles e de cara a nós…

MELLE GOYANES, MARÍA 142.A01

Posted on 7 Marzo, 2014, in Posts individuais and tagged , . Bookmark the permalink. 6 Comentarios.

  1. Cecais aquí o problema é, precisamente, ese “nós” e o que pode suporlle a “eles”, se andamos pronominando e non indagando que é o que ocorre. Doutra parte penso que, en xeral, os obstáculos (se é que son tal) axudan a crear estratexias e, por suposto, a non paralizarse. A min , particularmente, hai relatos e achádegas desta situación que sírvenme de moito.

    • Coincido con que este acontecemento nos serviu para obter novos puntos de vista, ou estratexias, como vostede prefira. Foi difícil organizarse e pórse en movemento de novo, pero este imprevisto tamén nos axudou a reformular o traballo para poder facer fronte aos prazos.
      MELLE GOYANES, MARÍA 142.A01

  2. Quedeime moi sorprendida tras ler o teu post xa que vexo que estades tendo problemas co voso proxecto.O meu grupo tamén tivo problemas a hora de relacionarnos ca directora da asociación na que estamos traballando xa que impuñanos trabas moi difíciles de cumprir. Finalmente mediante unha reunión que mantivemos con ela conseguimos chegar a un acordo. Pero nun momento vimos perigrar o noso traballo e por tanto sei de primeira man a rabia que da despois de tanto esforzo e dedicación que a asociación coa que colaboras non mostre o mesmo compromiso que o que ti tes con ela. Preguntome: ¿Cómo tedes pensado proceder para solucionar este entorto? ¿Segues mantendo as mesmas esperanzas de obter resultados do voso traballo despois deste, por chamalo dalgún modo, desengano? Moita sorte!

    Lamas Lamas, Estefanía 142.D03

    • Por sorte puidemos volver falar cos membros da asociación para aclarar o acontecido e xa tivemos un encontro con eles do que sacamos moito material novo que nos vai ser de moita axuda nos próximos posts. O tema séguenos interesando moito, así que, superado o primeiro bache, seguimos adiante co proxecto coas mesmas ganas que antes.

      MELLE GOYANES, MARÍA 142.A01

  3. Véxome sorprendida ao ver o problema ao que vos enfrontades cun traballo en principio tan prometedor. Non dubido que se conseguides solucionar o problema de comunicación que teñen con vós, axudaredes en gran medida a solucionar o que teñen entre eles. Espero que poida solucionarse e non sexa tan só unha falta de interés por colaborar con vós. Moitísima sorte.
    Claudia Vázquez Pérez 143 D00

    • Unha vez solucionado o problema, puidemos aprender do mesmo: estudamos o acontecido cando a comunicación falla e buscamos como solucionalo. Penso que, para poder estudar a comunicación, tamén hai que ser quen de identificar os problemas que hai cando non a hai, así que supoño que este tropezón nos serviu para falar dun factor importante ao respecto.
      MELLE GOYANES, MARÍA 142.A01

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: