Comunidades semellantes con símbolos diferentes

IMG-20140225-WA0028

As peñas futbolísticas están formadas por persoas moi distintas pero que teñen unha paixón común. Os fundadores son persoas que xa se coñecían do pasado, pero a xente que se engade nada ten que ver con eles. Isto permite formar un lazo de unión entre seres que seguramente non terían relación algunha se non fose por este feito.

Un exemplo claro disto, foi un señor de avanzada idade da peña Merlegos, quen nos comentou que entrar dentro deste grupo fora o seu maior acerto nos últimos dez anos. Formaba parte dun grupo de 150 persoas con ideoloxías diferentes, estilos de vida distintos pero que tiñan algo en común, a súa paixón polo Celta.

IMG-20140225-WA0029Outra característica que os define é a súa indumentaria. Cando hai partido case todos, acoden coas súas camisetas e bufandas do equipo, pero ademais dentro das peñas contan cunha chaqueta personalizada. Deste xeito logran conseguir unha diferenciación dentro da comunidade celtista. Se fixeramos unha escala das diferenzas que os definen coa súa vestimenta e símbolos que levan sería: En primeiro lugar son xente; xente futboleira; aficionados do Celta; celtistas da grada de marcador; membros da peña Merlegos; e por último, a título individual os nomes que portan nas camisolas do seu equipo establecen outra diferenciación a maiores que di que apoian a certo xogador. Isto parece dicir pouco dunha persoa, mais é todo o contrario. Un xogador pode representar valentía, rebeldía, timidez, descaro, etc. O apoio a un xogador con certas características pode dicir moito de cada quen.

A peña santiaguesa a parte do seu bar en Balaídos ten unha zona do campo reservada para eles na grada de marcador. Alí animan ao seu equipo ao ritmo dun bombo que é tocado por un dos seus integrantes. Fano sentados, aínda que en palabras de Xoán, home encargado de realizar as viaxes do equipo, unha afección de verdade é aquela que se manten de pé realizando os seus cánticos durante os noventa minutos. O xeito de animar é un símbolo que fai distincións entre os sectores da grada, xeralmente en Tribuna anímase con menor intensidade que nos fondos.

Con respecto á peña deportivista de Carballo a unión entre eles no se ve polas vestimentas, xa que ao bar asisten vestidos con roupa do día a día, aínda que si locen os seus colores branquiazuis coa camiseta do equipo ou algunha bufanda. Non soen cantar moito, mais viven a tensión e o sufrimento partido a partido. Esta é unha loita que dende o noso parecer provoca un estreitamento dos lazos existentes entre os socios.

Ambas comunidades, a deportivista e a celtista, representan moitos trazos en común. Indumentaria e cánticos son moi semellantes; as dúas aficións locen camisetas, bufandas, chaquetas e pancartas dos seus clubes. En ambas afeccións existe menor tolerancia ao rival nos ultras ( Riazor Blues e Celtarras) e tamén existen as mesmas diferenzas entre os sectores das gradas (o grupo musical A Roda plasmou as diferenzas da grada viguesa na Foliada do Celta). Malia a tódalas semellanzas o carácter de cada afección difire bastante: A afección do Celta opta polo bo xogo e a do Depor é máis resultadista. Por último queremos rescatar unha diferenza que nos apuntou un afeccionado do Celta: “Na Coruña a mentalidade sempre foi gañadora en cambio en Vigo temos tendencia ao victimismo”.

141 C00

Crespo Navarro  141 C01

Fernández Díaz 141 C02

Fernández Ferro 141 C03

Fernández Ojea 141 C04

García Chouciño 141 C05

Posted on 7 Marzo, 2014, in Posts grupais and tagged , . Bookmark the permalink. 5 Comentarios.

  1. Estoy totalmente de acuerdo con lo primero. El deporte es algo genérico, inmaterial. Y de ahí salen las diferentes modalidades y los seguidores de cada equipo. Todos parten de la misma base: en este caso, ver a 22 jugadores durante 90 minutos dando patadas a un balón. Y es que ni esos 90 minutos ni ese balón hacen distinciones por color.
    Con esto quiero decir, que por mucha rivalidad que haya entre el Depor y el Celta, a ambos nos une el amor por nuestros colores.
    Lo que ya no comparto es esa última cita, en relación al victimismo de los celtarras. Como aficionada a este club celeste, y como muchos otros, sabemos perfectamente quién es el Celta. Sabemos que ha tenido sus años de oro y que, después de una mala temporada, ahora está tratando de revivir. Y sinceramente, yo defino al Celta como un gran luchador. Es un equipo que, sin un duro como está, sale cada fin de semana para lucir sus colores, y mueve mareas de personas y nos hace llorar de alegría con sus victorias, aunque sean un 1-0 en el minuto 44 de la segunda parte, después de una primera parte desastrosa.
    Y creo que esto, este sentimiento, estas sensaciones, no son únicas de los celtarras, sino que se llama ilusión.

    González García, Sabela. 142. C004

    • A frase do victimismo é unha cita dun afeccionado. El opina que todo o celtismo ten ese trazo común (non só celtarras). Nós cremos que esa afirmación reflexa a mentalidade dunha parte da bancada en certos momentos. Evidentemente o celtismo é moito máis que iso e estou dacordo cos valores cos que o defines, mais ese sentir existe estea menos ou máis extendido.
      Titorizado1b 141 C00

  2. A min o que me parece incrible é o da peña santiaguesa. Teñen un bar en Balaídos? E van tódolos findes a ver xogar ao Celta? Por outro lado tamén gústame o voso traballo porque a min, que son deportivista, permíteme ver como é a afección do rival e como nos ven dende alí o que pensan, abrir miras, esas cousas…

    • Diso exactamente se trata, de abrir miras e de coñecer un pouco as diferenzas entre a comunidade deportivista e a do Celta. E realmente o comportamento non é moi diferente, de todos xeitos no noso grupo tamén hai deportivistas, así que xa non temos unha visión única.
      En canto ao do bar, MerlegosCelestes teñen o bar “Merlegos” en Santiago e en Vigo reúnense no bar “Movie” coa peña Carcamáns da Illa de Arousa, eles son os que levan ese local. Ambas peñas van a Balaídos a todos os partidos do Celta e alí reúnense. Ademáis estas peñas fan viaxes conxuntas a partidos de fóra.
      Titorizado1b 141C00

  3. Sánchez Caridad Iago 143 B04

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: