Documentación sobre a familia
Xa no final da nosa fase de documentación, a máis complexa e densa desde traballo, queremos pararnos un momento para reflexionar sobre o atopado nestes textos, libros, enquisas… que estamos a estudiar.
Primeiro de todo agradecer ao profesor Xesús Lage Picos, de Universidade de Vigo, gran estudoso al familia, a súa axuda á hora de achergarnos documentación de utilidade para o noso traballo.
En primeiro lugar acudimos ao libro “Familia e Comunidade” de Xan M. Bouzada, que nos mostró os mecanismos de funcionamiento das familia. Pero, ademáis do estudo de estos, definiu elementos que nos amosaron vías alternativas de comunicación interfamiliar. Estos mecanismos resultáronnos altamente útiles, sobre todo á hora de buscar unha evolución nesta comunicación, como pasar da comunicación habitual, con grandes trabas, problemas e malentendidos, a unha comunicación mellor, máis fluida e sana para a vida familiar.
Consultamos tamén as bases de datos do IGE e o INE, que nos facilitaron todo tipo de esquemas, tablas, enquisas e datos sobre cuestións referentes á familia ou relacionadas con ela, como poden ser as tasas de empleo segundo a idade, as razóns do traballo a tempo parcial, o que, segundo as nosas observacións, é moito máis habitual nas mulleres que nos homes, co que concluimos que o modelo de familia tradicional, no que a muller ocúpase en maior medida da casa, segue bastante vixente, pese a que se reduce cos anos. No plano de salarios, observamos algo similar, son menores os importes salariais das mulleres que dos varones, pese a que desenvolvan un mesmo posto e co mesmo horario. Destas enquisas sacamos, por tanto, que o peso da familia segue a recaer en maior medida nos hombros da muller, sendo, pois, esta, o individuo máis interesante para o noso estudo.
Outra fase do noso proceso documental pasou pola lectura do número 90 da Revista de Estudos da Xuventude, que se centrada la xuventude e a familia dende unha perspectiva comparada europea. O tema central é sempre a familia, unido a outros temas satélite íntimamente ligados a esta, como o paso a idade adulta, a emancipación dos fillos ou o cambio da tendencia do matrimonio, aumento das parellas que deciden unirse polo civil, frente ao descenso de matrimonios católicos.
Cabe destacar tamén a aportación ao estudo da socióloga italiana Carmen Leccardi, que no seu traballo “La juventud, el cambio social y la familia: de una cultura de protección a unha cultura de negociación”. Unha interesante reflexión sobre o paso á idade adulta, ¿existe unha idade concreta na que nos poidamos considerar adultos? A resposta de Carmen Leccardi é que esta idade foi mudando ao largo das distintas xeracións.
Por exemplo, fai medio século, un home adulto era aquel que conseguía atopar traballo para logo manter á súa muller e formar así unha familia. Por outra banda, a muller alcanzaba a madurez unha vez que vivía a maternidade. Hoxe en día, sen embargo, considérase adulta a unha persoa que conte con 18 anos.
Estas son, polo momento as reflexións e conclusións que sustraxemos dos documentos lidos. Esperaremos á fase de entrevistas persoais para estudalas e confirmalas ou desmentilas.
143 D00
Posted on 7 Marzo, 2014, in Posts grupais and tagged 143 D00. Bookmark the permalink. 2 Comentarios.
E que lbro e ise que é tan importante e que vai entre comiñas, pero non ten nome?
¿Cales son esas vías alternativas de comunicación familiar para resolver posibles problemas comunicativos? Sería de gran utilidade comentalas e ver se se poden aplicar a outros ámbitos grupais ou mesmo á nosa vida individual diaria. Ao fin e ao cabo, as dificultades relacionais xorden no día a día e en situacións moi distintas.
OCA DOMÍNGUEZ, ANDREA 142.E02